Asociación de Escritores en Lingua Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "AELG")

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participa na organización dos encontro Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea é o seu voceiro oficial. Na actualidade máis de 360 escritores están asociaciados. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.


Presidentes[editar | editar a fonte]

Composición do Consello Directivo[editar | editar a fonte]

Cesáreo Sánchez actual presidente da AELG.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]