Sarabela Teatro
Sarabela Teatro é unha compañía teatral fundada en 1980 por Ánxeles Cuña. Entre os seus integrantes ao longo do tempo estiveron, ademais da propia directora, Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Suso Díaz, Tito Asorey e Nate Borrajo.
Índice |
Historia da compañía [editar]
Aínda que comezou a facer traballos como grupo un par de anos antes, en 1980 constitúese como asociación teatral de carácter independente, e a partir de 1990 como empresa profesional. É a compañía privada que acadou máis premios María Casares da historia, e os seus espectáculos representáronse ademais de en Galicia, en España e outros países.
Como grupo de creación colectiva, ten tamén publicados os textos correspondentes a Tics, Os soños de Caín, a adaptación do Romance de Micomicón e Adhelala e A gata con botas, ademais do libro Sarabela Teatro 25 anos. A compañía tamén realiza actividade docente, traballos de animación á lectura, e participa da organización da MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense), da MOTI (Mostra de Teatro Infantil) e do FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense).
Montaxes [editar]
Listaxe das montaxes de Sarabela de maneira cronolóxica inversa.
Premios e recoñecementos [editar]Premios María Casares [editar]Sarabela leva colleitado ata 2010 un total de 36 premios María Casares.
Ademais, foi nominada a distintas categorías destes premios noutras 42 ocasións (ata 2010). As obras máis nominadas foron A conxura dos necios (11, das que obtivo 2), a montaxe d'A esmorga de 2009 (11, das que obtivo 5), Así que pasen cinco anos (10, das que obtivo 6), O heroe (10, dos que obtivo 2) e O lapis do carpinteiro (10, dos que obtivo 8). Premios Compostela [editar]Sarabela colleitou seis premios Compostela, galardóns máximos do teatro galego, e que cando desapareceron foron substituídos polos María Casares.
Foi ademais nominada aos premios Compostela en seis ocasións máis, entre elas Cama (2x2 para 2) ao mellor espectáculo. Outros galardóns [editar]
Véxase tamén [editar]Ligazóns externas [editar] |