Agustín Fernández Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz
Nacemento: 1947
Vilalba Flag of Galicia.svg Galicia
Lingua: Galego
Xénero(s): Narrativa

Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947, é un escritor e pedagogo galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Diplomado en enxeñería industrial mecánica, e licenciado en Ciencias da Educación, foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Xubilouse en 2007 no IES Os Rosais 2, de Vigo.

Como mestre e pedagogo, é autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre 1988 e 1990 traballou para a Consellería de Educación como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro O noso galego, dos primeiros anos oitenta.

Tamén é membro do grupo de traballo sobre lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

[editar] Literatura

Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscara e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.

Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.

[editar] Obra

Agustín Fernández Paz pronunciando o discurso Oito doas para San Simón na Illa de San Simón con motivo da celebración do ditame dos XXVIº Premios Xerais o 6 de xuño de 2009.

[editar] Literatura infanto-xuvenil

[editar] Narrativa

  • Non hai noite tan longa, 2011, Xerais.

[editar] Ensaio

  • 28 libros da literatura infantil e xuvenil galega, 1989, Xunta de Galicia.
  • Os libros infantís galegos, 1989, Xunta de Galicia.
  • Para lermos cómics, 1989, Xunta de Galicia.
  • Ler en galego (I): Estratexias e libros para a animación á lectura dende as aulas, 1990, Ir Indo.
  • Facermos cómics, 1991, Xerais.
  • Os cómics nas aulas, 1992, Xerais.
  • A literatura infantil e xuvenil en galego, 1999, Xerais.

[editar] Obras colectivas

  • Relatos para un tempo novo, 1993, Xunta de Galicia.
  • Construír a paz, 1996, Xerais.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • E dixo o Corvo..., 1997, Hospital Xeral de Galicia.
  • Imos xuntos camiñar, 1999.
  • Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.
  • Manuel María, 2001, Ophiusa.
  • Ninguén está só, 2001, Tris Tram.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia.
  • Longa lingua: os contos da Mesa, 2002, Xerais.
  • Alma de beiramar, 2003, Espiral Maior.
  • Contos do museo, 2003, Deputación de Lugo.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • O enigma do menhir, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!, O enigma do menhir e Catro pallasos, 2004, Xunta de Galicia.
  • Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
  • O son das buguinas, 2007, Xerais.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
  • 55 mentiras sobre a lingua galega, 2009, Laiovento.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Quéroche contar un conto, 2010, Xerais.
  • Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.

[editar] Galardóns

O autor con outros dos gañadores do Premio Merlín nunha foto conmemorativa realizada na XXVª edición do Premio Merlín. Illa de san Simón, 12 de xuño de 2010. Atrás, de esquerda a dereita: Jacobo Fernández Serrano, Helena Pérez, Gloria Sánchez, An Alfaya, Marilar Aleixandre, Antonio García Teijeiro, Mar Guerra, Fina Casalderrey, Ramón Caride. Sentados, de esquerda a dereita: Carlos López, Palmira González Boullosa, Agustín Fernández Paz e Teresa González Costa

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas