Martiño Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martiño Rivas
Martiño Rivas.jpg
Martiño Rivas
Nacemento Martiño Rivas López
10 de xaneiro de 1985 (29 anos)
Vimianzo, A Coruña, Galicia Galicia
Profesión Actor
Coñecido/a por El internado (2007-2010)
Os xirasois cegos (2008)
Twitter: @martino_rivas
Ficha na IMDb

Martiño Rivas López, nado en Vimianzo o 10 de xaneiro de 1985,[1] é un actor galego, coñecido artisticamente noutrora como Martín Rivas[2]. É coñecido por interpretar a Marcos Novoa Pazos na serie de televisión de Antena 3 El internado e polo seu papel no filme Os xirasois cegos, que lle valeu un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como actor sendo un neno, na serie de da TVG Mareas vivas. Traballou nela de 1998 a 2000, nas temporadas primeira a terceira. En 2004 participou na rodaxe da curtametraxe Puzle, de 24 minutos de duración. En 2005 tivo tamén un papel de reparto, como David, nas dúas temporadas de Maridos e mulleres, de Zénit Televisión para TVG. Das teleseries de ámbito autonómico pasou a traballar en series estatais como SMS, na cal sae en cinco episodios. Dende 2007 a 2010, fixo o papel de Marcos Novoa Pazos na serie El Internado de Antena 3. No 2008, fixo a súa primeira aparición no cine, no filme de José Luis Cuerda Os xirasois cegos xunto a Javier Cámara e Maribel Verdú. A súa interpretación valeulle un nomeamento ó Premio Goya ao mellor actor revelación. O ano seguinte, aparece na curtametraxe Universos xunto coa súa compañeira de El Internado Blanca Suárez. No 2011 fai o seu debut no teatro coa obra Drácula, na que interpreta a Jonathan Harker.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Fillo do escritor Manolo Rivas e de María Isabel López. Rivas graduouse nun instituto de Londres e posteriormente estudou comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.[3] Ademais do galego e o castelán, fala fluidamente o inglés.[4]

Sentimentalmente relacionouse no pasado con Sara Casasnovas e Elena Furiase e na actualidade mantén unha relación coa actriz Irene Escolar[5].

Martiño decidiu castelanizarse o seu nome por Martín porque non lle entendían en Madrid.[2]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes
Ano Título Papel Notas
2008 Os xirasois cegos Lalo Drama dirixido por José Luis Cuerda
2013 Gente en sitios
2013 Tres bodas de más Dani
2014 Por un puñado de besos Dani
Televisión
Ano Título Papel Notas
1998-2000 Mareas vivas Dani 22 episodios
2006-2007 SMS Moisés 5 episodios
2006-2008 Maridos e mulleres David 21 episodios
2007-2010 El internado Marcos Novoa Pazos 71 episodios
2012-2013 El don de Alba Pablo Escudero 13 episodios
2014 Romeo and Juliet Romeo Miniserie

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Obras de teatro[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]