El Ideal Gallego
El Ideal Gallego, subtitulado Diario católico, regionalista e independiente é un xornal que se edita na Coruña desde 1917.
[editar] Historia e características
Fundado por José Toubes Pego, un sacerdote de Cuntis, co respaldo do arcebispo de Santiago, aparece o 1 de abril de 1917. O seu primeiro director foi Alfredo García Ramos, que permaneceu no posto ata finais de 1919 en que foi substituído por Jacobo Varela de Limia. A este sucedérono outros ata que en 1931 o xornal pasou a ser xestionado pola Editorial Católica. Dende 1931 ata 1936 o director do xornal foi José Martínez Pereiro[1].
Publicou unha "Hoja literaria" na década dos vinte. Nos anos 60 incluíuse no suplemento dominical unha folla cultural: "Arco da Vella" en galego, da que se responsabilizaba a Agrupación Cultural O Facho. Entre 1984 e 1990 o xornal editou o suplemento bilingüe "Cataventos". En 1992 o xornal pasou a editar no exemplar dominical o suplemento "Cultural 92".