Francisco Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Caamaño
Francisco Caamaño Domínguez.jpg
Nacemento 8 de xaneiro de 1963
  Cee
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación político e profesor
editar datos en Wikidata ]

Francisco Manuel Caamaño Domínguez, nado en Cee o 8 de xaneiro de 1963, é un político galego, foi ministro de Xustiza de España entre 2009 e 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No plano persoal, está casado e ten dous pícaros. No profesional, é licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986, foi profesor desa universidade ata que en 1993 foi asignado como letrado no Tribunal Constitucional. En 2001 regresou á Universidade de Santiago e en 2002 conseguiu a cátedra de dereito constitucional na Universidade de Valencia, posto onde permaneceu ata 2004.

Militante do PSOE, nese ano foi nomeado por José Luis Rodríguez Zapatero secretario de estado de Relacións coas Cortes, posto no que se ocupou de negociar algúns estatutos de autonomía e de facer reformas no sistema de votación nas eleccións locais dos estranxeiros que vivían en España. En 2008 continuou no mesmo posto logo dunha reforma de goberno, aínda que daquela baixo a denominación de secretaría de Estado de Asuntos Constitucionais e Parlamentarios.

O 24 de febreiro de 2009, e logo da dimisión do anterior ministro de Xustiza, Mariano Fernández Bermejo, tomou posesión como novo ministro do goberno socialista. Desa maneira houbo catro ministros galegos no goberno de España, algo que non sucedera en toda a época democrática. Permaneceu no seu posto ata a derrota electoral socialista de novembro de 2011. Nesas xerais de 2011, Caamaño encabezou a candidatura socialista pola provincia da Coruña, por onde foi elixido deputado. Nas eleccións autonómicas de 2012 encabezou a candidatura do PSdeG pola provincia da Coruña e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia.

O 20 de abril de 2015 anunciou que renunciaba ao seu escano no Parlamento de Galicia por motivos persoais, coa intención de reincorporarse á docencia na Universidade de Valencia.[1]


Predecesor:
Mariano Fernández Bermejo
 Escudo de España.svg
Ministro de Xustiza de España
 
2009 - 2011
Sucesor:
Alberto Ruiz-Gallardón

Obras[editar | editar a fonte]

  • El mandato parlamentario (1992)
  • El control de constitucionalidad de disposiciones reglamentarias (1994)
  • Normas institucionais de Galicia (1995)
  • Jurisdicción y procesos constitucionales (1997)
  • El derecho de sufragio pasivo: prontuario de jurisprudencia constitucional 1981-1999 (2000)
  • La garantía constitucional de la inocencia (2003)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]