O Socorro Vermello Internacional (SVI) foi un servizo social internacional organizado pola Internacional Comunista en 1922. Creada para que funcionase como unha Cruz Vermella política internacional. O SVI conduciu campañas de apoio aos prisioneiros comunistas e reuniu apoio material e humanitario en situacións específicas. O SVI estaba dirixido por Clara Zetkin, Elena Stasova e Tina Modotti. Disolveuse en 1942.
Cara a 1924 a organización tiña filiais nacionais en 19 países. Durante a súa existencia, as filiais nacionais do Socorro vermello Internacional incluíron[1][2]
O Socorro Vermello Internacional apareceu en España como unha organización de caridade durante a revolución de Asturias en 1934.[3]
A organización, que incluía artistas e escritores, foi posteriormente reformado e expandiuse a Barcelona en xaneiro de 1936 co obxectivo de rexeitar ao fascismo en múltiples frontes.
Durante a guerra civil española, o escritor Joaquín Arderíus foi o presidente da organización antes de exiliarse a Francia e México. As súas principais actividades consistiu en axudar aos nenos con comida na zona republicana e achegar bibliotecas aos soldados. Contribuíron tamén creando 275 hospitais, ambulancias, campañas de hixiene dental etc.
A insignia do Socorro Vermello consistía nunha S detrás das reixas dunha prisión.
O POUM, un partido marxista en España, organizou un Socorro Vermello paralelo en oposición ao Socorro Vermello Internacional.