La Revista Social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Revista Social
Fundación16 de agosto de 1872
Remata1884
DirectorFrancisco Abayá,
José García Viñas,
Juan Serrano Oteiza
ColaboradoresRicardo Mella
TendenciaAnarquismo
Linguacastelán
Periodicidadesemanal
editar datos en Wikidata ]

La Revista Social foi un xornal anarquista español publicado semanalmente dende o 16 de agosto de 1872[1] até 1884. Foi o órgano oficioso da Federación Rexional Española da Asociación Internacional de Traballadores (1870-1881). A partir de 1881 converteuse no xornal da Federación de Traballadores da Rexión Española (1881-1888), adoptando o nome de Revista Social.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

La Revista Social apareceu en 1872, durante o reinado de Amadeu I, como órgano xornalístico da "Unión de los Obreros Manufactureros de España",[2] e os seus primeiros números imprimíronse en Manresa. En 1873 trasladouse a Gràcia e a Barcelona, sendo o seu secretario de redacción Francisco Abayá. Converteuse entón no portavoz da a sección española da Primeira Internacional, a FRE-AIT, fundada no Congreso Obreiro de Barcelona de 1870. Foi inclinándose cara ás posicións anarquistas e recolleu nas súas páxinas artigos do Boletín do Xura e máis tarde de La Révolté. Tamén publicou folletos de Bakunin como Deus e o Estado.[3]

Cando a FRE-AIT foi prohibida en España en xaneiro de 1874, tralo golpe de Pavía, La Revista Social tamén foi suspendida, pero volveu reaparecer meses despois co subtítulo «Órgano da Federación Manufacturera da Nación Española», adoptando un ton moderado. Neses anos dirixiuna José García Viñas.[3]

En 1881 converteuse no órgano xornalístico da recentemente creada Federación de Traballadores da Rexión Española, adoptando o título de Revista Social e o subtítulo de "eco del proletario",[4] pasando a publicarse en Madrid.[5] O seu director foi Juan Serrano Oteiza, dende 1881 até 1884, quen tivo amizade con Ricardo Mella e conseguiu que este colaborara coa revista.

Despois de publicar 154 números, en 1884 volveu publicarse en Cataluña. Desapareceu pouco despois como consecuencia da represión que seguiu ao asunto da Man Negra.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Revista Social". efemeridesanarquistas (en castelán). 1-9-2012. Consultado o 26-5-2019. 
  2. Sánchez (2001), p. 180
  3. 3,0 3,1 3,2 Íñiguez (2001), pp. 511-512
  4. Sánchez (2001), p. 186
  5. Sirvent (2001), p. 139

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Iñiguez, Miguel (2001). Esbozo de una Enciclopedia histórica del anarquismo español (en castelán). Madrid: Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo. ISBN 84-86864-45-3. 
  • Sánchez Sánchez, Isidro (2001). "Propaganda de ideas en la España del siglo XIX". En Ortiz Heras, Manuel; Ruiz González, David; Sánchez Sánchez, Isidro. Movimientos sociales y Estado en la España contemporánea. Col. Humanidades (en castelán). Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. pp. 153–202. ISBN 84-8427-137-4. 
  • Sirvent, Pere Gabriel (2001). "Anarquismo y anarcosindicalismo en la España del siglo XIX". En Ortiz Heras, Manuel; Ruiz González, David; Sánchez Sánchez, Isidro. Movimientos sociales y Estado en la España contemporánea. Col. Humanidades (en castelán). Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. pp. 127–154. ISBN 84-8427-137-4. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]