Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emblema de Salvamento Marítimo.

A Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, tamén coñecida polo acrónimo SASEMAR ou de modo extraoficial como Salvamento Marítimo, é un ente público empresarial encargado da seguridade marítima en augas españolas. Está baixo dependencia directa do Ministerio de Fomento de España por medio da Dirección Xeral da Mariña Mercante.[1] A súa fundación data do ano 1992, por mor da promulgación da Lei 27/92 de Portos do Estado e da Mariña Mercante, entrando en funcionamento no ano 1993.[2]

A Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima ten como principal tarefa a de levar a cabo operacións de procura e rescate nas zonas de responsabilidade asignadas a España, que cobren máis de 1 500 000 km2.[3] Tamén ten asignadas outras tarefas como a loita contra a contaminación marítima, o control do tráfico marítimo -especialmente en zonas de gran tráfico como son o Estreito de Xibraltar e o dispositivo de separación de tráfico (DST) á altura de Fisterra -, e a asistencia a embarcacións.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Organigrama de la Dirección General de la Marina Mercante". Dirección General de la Marina Mercante - Ministerio de Fomento. 
  2. "Ley 27/1992, de 24 de noviembre, de Puertos del Estado y de la Marina Mercante.". Noticias Jurídicas. 
  3. "Sólo setecientas personas vigilan 1,5 millones de kilómetros cuadrados de mar en España (25 de junio de 2004)". Belt Ibérica. La Organización Marítima Internacional (OMI) asigna a cada nación ribereña zonas de responsabilidad en materia de búsqueda y socorro (regiones SAR). A nuestro país le ha correspondido una superficie marina de 1,5 millones de kilómetros cuadrados, es decir, tres veces mayor que la del territorio nacional. 
  4. "Informe Anual 2007 - Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima" (PDF). Salvamento Marítimo.