Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros
Aparencia
Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros | |
---|---|
Título orixinal | ' |
Autor/a | Xoana Pintos Barral |
Orixe | Galicia |
Lingua | galego |
Colección | Feminismos |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 30 de maio de 2021 |
Formato | 135 x 210. Rústica con lapelas, tapa branca (edición de peto) |
Páxinas | 180 |
ISBN | ISBN 978-84-9151-624-8 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago é un ensaio da doutora en Bioloxía, investigadora en estudos de xénero e actriz galega Xoana Pintos Barral publicado en 2021 no marco da colección Feminismos editado pola Editorial Galaxia.
Este traballo ten coma orixe a súa tese de doutoramento As mulleres nos estudos experimentais da Universidade de Santiago : 1910-1960,[1][2] e no libro fala dalgunhas destas primeiras científicas (Eugenia Pereira, Paz Parada, Olimpia Valencia, Elisa Díaz, Inmaculada Paz Andrade...), os atrancos que padeceron e os seus éxitos. Segundo a autora ″Precísanse referentes para a xente nova. Como vas querer ser como elas se non sabes que existiron?″[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pérez Pena, Marcos (2018-02-13). "As 85 científicas pioneiras da USC que abriron o camiño". Praza Pública. Consultado o 2021-06-28.
- ↑ Rey, Manuel (2018-03-06). "Xoana Pintos: "As científicas de comezos do século XX tiñan que estar feitas dunha pasta especial"". GCiencia. Consultado o 2021-06-28.
- ↑ Liste, Ana G. (1/6/2021). "″Precísanse referentes para a xente nova. Como vas querer ser como elas se non sabes que existiron?″". Praza Pública. Consultado o 28/6/2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Presentación do Libro "Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros" no Museo de Historia Natural da USC.