Cristina Castaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cristina Castaño
Cristina Castaño en los Premios Goya 2017.jpg
Cristina Castaño en febreiro de 2017.
Nome completo Cristina Castaño Gómez
Nacemento 30 de novembro de 1978 (39 anos)
Lugar Vilalba, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Profesión Actriz
editar datos en Wikidata ]

Cristina Castaño Gómez, nada en Vilalba o 30 de novembro de 1978, é unha actriz galega. É irmá do tamén actor Nacho Castaño e sobriña do xornalista deportivo Pepe Domingo Castaño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deuse a coñecer en Galicia grazas ó seu papel de Paula na serie da TVG Pratos combinados. No ano 2000 chegoulle a oportunidade de incorporarse ó elenco doutra exitosa serie, esta vez a nivel español, Al salir de clase. Era un papel para o verán, pero quedou ata o final da serie, en 2002. Deste modo, abandonou Pratos combinados, pasando o seu personaxe a ser interpretado por María Castro e converteuse nunha das promesas saídas da canteira do serial xuvenil de Telecinco.

Traballou ó lado de Concha Velasco no teatro, na obra Las manzanas del viernes.

Desde entón fixo pequenas intervencións nalgunhas series e películas, ademais de proxectos teatrais, e mesmo probou sorte no mundo da canción. En 2005 volveu á TVG formando parte do elenco doutra serie, 4º sen ascensor. Desde 2006 é unha das protagonistas do musical Fama, con máis de 600 representacións na súa xira, e no último trimestre de 2007 entrou a formar parte do elenco da serie Herederos (TVE), protagonizada por Concha Velasco. Ó ano seguinte abandona esta produción para incoporarse a El Comisario, na que sería a derradeira etapa da veterana serie de Telecinco.

Películas[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lista de nomeados ós Premios do Público TV

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]