Consignatario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Axente consignatario é a figura portuaria que se dedica á ligazón do armador ou fretador de buques coas autoridades e con outras instancias relacionadas coa presenza dun buque en porto.

Actúa como representante do armador ou fretador cara as autoridades e xestiona todos os aspectos relativos á operativa do buque, sexa carga ou descarga, estiba ou desestiba, fornecemento, xestión de residuos, e outros servizos relativos ao buque, á carga, ao pasaxe ou á tripulación.

O consignatario asina e cruña o Aviso de alistamento (NOR), Folla de tempos (TS), Relatorio de feitos (SOF), Manifesto e Coñecimento de embarque (B/L).