Francisco Fernández Anciles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Fernández Anciles
Nacemento1810
 Pontevedra
Falecemento1880
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Francisco Fernández Anciles, nado en Pontevedra en 1810 e finado na mesma cidade en decembro de 1880[1], foi un médico, escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerceu a medicina e foi un dos precursores da poesía en galego. Colaborou en El País e El Progreso, foi propagandista do galeguismo e recompilou vocábulos galegos co obxectivo de elaborar un dicionario.

No Sexenio Democrático foi militante do Partido Radical, e o 12 de agosto de 1871 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra.

Foi pai de Heliodoro Fernández Gastañaduy.


Predecesor:
Cayetano Taboada Sotelo
 Coat of Arms of the Province of Pontevedra.svg
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1871 - 1874
Sucesor:
Manuel Bárcena Franco

Obras[editar | editar a fonte]

  • "Para min non hai consolo" (1858), publicado no periódico El País (versión de "O desconsolo" de Eduardo Camino).
  • "A noite de San Xoán" (1861), premiado nos primeiros Xogos Florais de Pontevedra.
  • El hombre ¿Es cosmopolita? ¿Puede ó nó aclimatarse sobre todos los puntos del globo? (1865).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Ilustración Gallega y Asturiana, 28-12-1880, p. 11.