Manuel Bárcena Andrés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Bárcena Andrés
Manuel Bárcena Andrés 1927.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1927.
Nacemento1877
 Vigo
Falecemento10 de abril de 1927
 Cedeira
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndiplomático e emprendedor
PaiManuel Bárcena Franco
FillosManuel Bárcena Castro
editar datos en Wikidata ]

Manuel Bárcena Andrés-García, II Conde de Torrecedeira, nado en Vigo en 1877 e finado en Cedeira o 10 de abril de 1927[1], foi un diplomático e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primoxénito do matrimonio entre Manuel Bárcena Franco, I Conde de Torrecedeira, e Dolores de Andrés-García López. Foi cónsul de Inglaterra en Vigo e primeiro presidente do Celta de Vigo. Herdou o título nobiliario en 1908.[2]

Casou o 31 de agosto de 1904 en Santo André de Cedeira con Obdulia Castro Montenegro, filla de Felipe Castro e Amparo Montenegro Sierra. Deste matrimonio naceron doce fillos, catro mulleres e oito homes, entre os cales estaban Manuel Bárcena Castro III Conde de Torrecedeira e Felipe Bárcena Castro IV Conde de Torrecedeira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 10-4-1927, p. 5.
  2. "De sociedad" ABC, 24/5/1908, p. 9 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]