Manuel Rey Gómez
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Rey.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1904 Cambados, España |
| Morte | 27 de agosto de 1936 Vigo, España |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| Outros nomes | Villagarcía |
| Actividade | |
| Ocupación | sindicalista |
Manuel Rey Gómez, coñecido como Villagarcía, nado en Cambados en 1904 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un mariñeiro e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Instalado en Vigo, durante a República foi detido en varias ocasións acusado de maleante.[1][2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido, xulgado en consello de guerra sumarísimo e condenado a morte. Foi executado no Cemiterio de Pereiró xunto aos deputados Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía, o concelleiro Ramón González Brunet e o alcalde, Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores, José Antela, o mestre e pedagogo, Apolinar Torres e o dirixente socialista Ubaldo Gil Santóstegui.[3]