Johán Vicente Viqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johán Vicente Viqueira
Datos persoais
Nacemento 22 de outubro de 1886
Lugar Madrid
Falecemento 29 de agosto de 1924
Lugar Bergondo (A Coruña) Galicia Galicia
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego, castelán
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía, ensaio,
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 2008.

Johán Vicente Viqueira Cortón, nado en Madrid o 22 de outubro de 1886 e finado en Bergondo o 29 de agosto de 1924, foi un escritor galego, ao que no ano 1974 se lle dedicou o Día das Letras Galegas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xohán na quinta de San Victorio, en Bergondo.

De familia galega, naceu en Madrid, pero viviu ata os 12 anos en Vixoi (Bergondo). En 1898 trasladouse a Madrid para estudar na Institución Libre de Enseñanza. o que o puxo en contacto co pensamento científico moderno. Dende os 15 anos sufriu unha enfermidade crónica nos cadrís, polo que pasa épocas inmobilizado e mesmo foi operado en París dúas veces.

En 1911 licenciase en filosofía pola Universidade de Madrid e amplía estudos en Alemaña ata 1914. Logo de dar clase na Institución Libre de Enseñanza aproba por oposición en abril de 1917 a cátedra de psicoloxía do Instituto de Santiago de Compostela, en maio casa con Jacinta Landa e a fin de ano trasládase ao Instituto da Coruña, alí ingresa nas Irmandades da Fala, chegando mesmo a ser o presidente das IF da Coruña, e colabora con A Nosa Terra.

Obra[editar | editar a fonte]

Viqueira escribiu en castelán obras sobre filosofía, psicoloxía e pedagoxía como Introducción a la Psicología pedagógica, Elementos de Ética, Lecciones elementales de historia de la Filosofía, Ética y Metafísica, La Psicología contemporánea e traducións de Teócrito, Inmanuel Kant ou David Hume. A maioría da produción en galego de Viqueira editárona os seus amigos no volume Ensayos y Poesías en 1930.

A obra galega de Viqueira centrouse sobre todo no sistema educativo, na súa galeguización e na súa reforma, así como na ortografía do galego que Viqueira quería que se achegase á portuguesa, o artigo publicado en A Nosa Terra en 1918 Pol-a reforma da ortografía, considérano algúns o nacemento do reintegracionismo[Cómpre referencia].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johán Vicente Viqueira

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Xoán Vicente Viqueira: Teoría e praxe, 1992.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Manuel Lago González
Día das Letras Galegas
1974
Johán Vicente Viqueira
Sucesor:
Xoán Manuel Pintos Villar