Jenaro Mariñas González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jenaro Mariñas González
Jenaro Mariñas (pai).JPG
Nacemento15 de outubro de 1868
 Noia
Falecemento2 de outubro de 1920
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
FillosJenaro Marinhas del Valle
editar datos en Wikidata ]

Jenaro Mariñas González, nado en Noia o 15 de outubro de 1868 e finado na Coruña o 2 de outubro de 1920, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi bautizado na igrexa de San Vicente de Noal (Porto do Son). Criouse nun ambiente culto e libresco, debido a que esa era unha das grandes afeccións do pai. Viviu dende novo na Coruña, onde traballou como funcionario da Delegación de Facenda. Este traballo levouno a unha estadía forzosa en Lleida a finais da década dos anos 20. Durante a súa estadía escribiu o cartafol poético Lleidatanas, que deixou inédito. Na Coruña entrou en contacto coa Cova Céltica, especialmente con Francisco Tettamancy.

Comezou a escribir no periódico Las Mariñas e en 1905 pasou a dirixir o semanario Coruña Risueña. Escribiu poesía e prosa en galego en diversas publicacións de finais do século XIX. Caracterízase polo ton festeiro e humorístico das súas composicións, como demostran os relatos "O sono dunha infiel", publicado en Galicia da Habana, e "Ela a min non mas pegaba", que apareceu en A Gaita Gallega.

Foi pai de Jenaro Marinhas del Valle.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]