Manuel Becerra Bermúdez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de outubro de 1820 Castro de Rei, España |
| Morte | 19 de decembro de 1896 Madrid, España |
| Lugar de sepultura | cemiterio Sacramental de Santa María 40°23′53″N 3°43′18″O / 40.397922, -3.721625 |
| 14 de abril de 1894 – 19 de decembro de 1896 | |
| 12 de marzo de 1894 – 4 de novembro de 1894 ← Antonio Maura – Buenaventura Abarzuza Ferrer → | |
| 11 de decembro de 1888 – 5 de xullo de 1890 ← Trinitario Ruiz Capdepón – Antonio María Fabié Escudero → | |
Representa: 36 10 de novembro de 1885 – 19 de decembro de 1896 ← José Subercase y Jiménez (pt) | |
| 6 de xuño de 1884 – 21 de maio de 1889 ← Antonio Romero Ortiz – Miguel Morayta Sagrario (pt) | |
| 30 de agosto de 1881 – 14 de abril de 1894 ← Fernando Soldevilla Circunscrición electoral: Becerreá | |
| 28 de maio de 1879 – 25 de xuño de 1881 Circunscrición electoral: Tarancón (en) | |
| 30 de abril de 1877 – decembro de 1878 Circunscrición electoral: Cuenca (en) | |
| 6 de xuño de 1873 – 8 de xaneiro de 1874 Circunscrición electoral: Becerreá | |
| 19 de decembro de 1872 – 24 de febreiro de 1873 ← José Echegaray Eizaguirre – Eduardo Chao → | |
| 19 de setembro de 1872 – 22 de marzo de 1873 Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
| 18 de abril de 1871 – 28 de xuño de 1872 Circunscrición electoral: Becerreá | |
| 6 de agosto de 1869 – 2 de abril de 1870 ← Juan Bautista Topete y Carballo – Segismundo Moret → | |
| 16 de febreiro de 1869 – 2 de xaneiro de 1871 Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Praza do Cordón |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político |
| Membro de | |
Manuel Becerra Bermúdez, nado en Castro de Rei o 20 de outubro de 1820[1] e finado en Madrid o 19 de decembro de 1896, foi un matemático e político galego. Foi ministro con Amadeu I, Afonso XII e durante a Rexencia de María Cristina. Así mesmo, foi un destacado masón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Afamado matemático, titulouse como enxeñeiro civil na Academia de Enxeñeiros Civís, e foi membro de número da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Politicamente destacou polas súas ideas progresistas e revolucionarias que o levaron a participar activamente na Revolución galega de 1846 o que lle valeu ser encarcerado en varias ocasións e ter que buscar refuxio no estranxeiro noutras.
En 1854 volveu participar nos movementos revolucionarios que deron lugar ao Bienio Progresista (1854-1856) e foi detido tras o golpe de estado do xeneral O'Donnell que lle puxo fin, desterrado a Bilbao e posteriormente exiliouse en Francia.
Manuel Becerra volveu á vida política do país con ocasión da Revolución de 1868 formando parte, como deputado, da Xunta Superior Revolucionaria entre o 5 de outubro e o 19 de outubro de 1868. Tras as eleccións de 1869 resultou elixido deputado en Cortes pola provincia de Lugo aínda que finalmente optou pola circunscrición de Madrid e como tal ocupou a carteira de ministro de Ultramar entre o 13 de xullo de 1869 e o 31 de marzo de 1870 durante a rexencia do xeneral Francisco Serrano Domínguez.
Tras volver resultar elixido deputado nas eleccións de 1871 e 1872 ocupará a carteira de ministro de Fomento entre o 19 de decembro de 1872 e o 12 de febreiro de 1873, xa baixo o reinado de Amadeu I.
Ocupará ese mesmo ministerio no primeiro goberno da Primeira República Española entre o 12 de febreiro e o 24 de febreiro de 1873 baixo a presidencia de Estanislao Figueras.
Coa restauración monárquica formou parte de tres dos gobernos presididos por Práxedes Mateo Sagasta como ministro de Ultramar: entre o 11 de decembro de 1888 e o 21 de xaneiro de 1890, entre o 21 de xaneiro e o 5 de xuño de 1890 e entre o 12 de marzo e o 4 de novembro de 1894.
Vida masónica
[editar | editar a fonte]Foi un destacado masón: Soberano Gran Comendador do Supremo Consello nos anos 1884-1889 e Gran Mestre do Gran Oriente de España.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa viuva María Ortiz de Dusana, nai de Rafael Coronel Ortiz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Couceiro Freijomil dá como ano de nacemento 1823 no Diccionario bio-bibliográfico de escritores, tomo I páx. 137.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Becerra Bermúdez, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Becerra Bermúdez, Manuel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Becerra Bermúdez, Manuel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Curros Enríquez, Manuel (1911). Hijos ilustres de Galicia. Obras Completas v. IV (en castelán). Madrid: Sucesores de Hernando.
- Fernández Teixeiro, Manuel María (2016) [1974]. Abril de lume e ferro (Obra de teatro) (2 ed.). Fundación Manuel María de Estudos Galegos. ISBN 978-84-944417-5-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
| Predecesor: Juan Bautista Topete |
Ministro de Ultramar 1869 - 1870 |
Sucesor: Segismundo Moret |
| Predecesor: José Echegaray |
Ministro de Fomento 1872 - 1873 |
Sucesor: Eduardo Chao |
| Predecesor: Trinitario Ruiz Capdepón |
Ministro de Ultramar 1888 - 1890 |
Sucesor: Antonio María Fabié |
| Predecesor: Antonio Maura Montaner |
Ministro de Ultramar 1894 - 1894 |
Sucesor: Buenaventura Abarzuza Ferrer |