Saltar ao contido

Antonio Romero Ortiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Romero Ortiz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1822 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xaneiro de 1884 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de San Lorenzo y San José Editar o valor en Wikidata
Soberano Gran Comendador Grande Oriente de España
maio de 1881 – 10 de xaneiro de 1884
← Práxedes Mateo SagastaManuel Becerra Bermúdez →
Gobernador do Banco de España
1 de marzo de 1881 – 27 de outubro de 1883
← Martín Belda y Mencía del BarrioJuan Francisco Camacho de Alcorta →
Académico da Real Academia da Historia
12 de marzo de 1880 – 18 de xaneiro de 1884
← Pedro Sabau y LarroyaManuel Danvila y Collado →
Deputado das Cortes
18 de febreiro de 1876 – 18 de xaneiro de 1884
Circunscrición electoral: Noia
Ministro de Ultramar
13 de maio de 1874 – 31 de decembro de 1874
← Víctor BalaguerAdelardo López de Ayala →
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
14 de abril de 1871 – 22 de marzo de 1873
Circunscrición electoral: Noia
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
16 de febreiro de 1869 – 2 de xaneiro de 1871
Circunscrición electoral: Santiago de Compostela
Ministro de Graza e Xustiza
8 de outubro de 1868 – 18 de xuño de 1869
← Carlos María CoronadoCristóbal Martín de Herrera →
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
3 de xaneiro de 1866 – 30 de decembro de 1866
Circunscrición electoral: Santiago de Compostela
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
7 de decembro de 1858 – 12 de xullo de 1865
Circunscrición electoral: Noia
Gobernador civil de Alacant
setembro de 1857 –
← Leoncio Rubín de Celis OroñaJosé María Palarea →
Gobernador civil da provincia de Toledo
23 de febreiro de 1856 – 19 de xullo de 1856 – Antonio Méndez Vigo →
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
5 de decembro de 1854 – 2 de setembro de 1856
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña
Gobernador civil de Oviedo
7 de setembro de 1854 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Residenciarúa Serrano Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Liberal Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Romero Ortiz (Antonio), p.393-394) Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 179843 BNE: XX1402917 BUSC: romero-ortiz-antonio-1822-1884 Arquivo Histórico de Deputados: 99550

Antonio Romero-Ortiz García[1], nado en Santiago de Compostela o 24 de marzo de 1822[2] e finado en Madrid o 18 de xaneiro de 1884, foi un político liberal,[3] ministro de Graza e Xustiza durante o Sexenio e ministro de Ultramar durante os gabinetes de Zavala e de Sagasta. Tamén foi un persoeiro importante no movemento do provincialismo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do notario Domingo Manuel Romero e de Rita García Mariño[2], en 1837 conseguiu o título de Bacharel en Filosofía e en 1843 licenciouse en Dereito na Universidade Central de Madrid.

Romero Ortiz participou na Academia Literaria de Santiago durante os seus anos de estudante. Fundou con José Rúa Figueroa o periódico satírico de literatura e costumes Santiago y a ellos, que axiña foi prohibido. Máis tarde, xunto con Rúa Figueroa e Antolín Faraldo, foi editor da revista El Porvenir, dirixida por Faraldo.

Foi elixido deputado polo distrito da Coruña en 1854, polo de Noia en 1858, polo de Benisa (Alacant) e Noia en 1863 (o 20 de abril de 1864 optou por Noia), volveu ser elixido por Noia en 1864, en 1865 por Alcoi e Santiago de Compostela (correspondeulle representar a Compostela mediante sorteo); outra vez por Alcoi e Santiago en 1869 (optou de novo por Compostela). Volveu ser elixido por Noia en 1871, volvendo ser reelixido polo mesmo distrito ata 1884.

Foi Ministro de Graza e Xustiza inmediatamente despois da Gloriosa (de 8 de outubro de 1868 ao 22 de febreiro de 1869 e do 25 de febreiro ao 18 de xuño dese mesmo ano). Suprimiu seiscentos dos novecentos conventos existentes e a Orde dos Xesuítas, recoñeceu de feito o matrimonio civil e a liberdade de cultos; estas medidas déronlle fama de anticlerical, e recibiu o alcume de “Lutero Ortiz”.[1]

O 13 de marzo de 1878 nomeárono ministro de Ultramar, cargo que desempeñou con Zavala e con Sagasta. Foi un destacado masón, que acadou o grao de Soberano Gran Comendador do Supremo Consello en 1882. Dende marzo de 1881 até outubro de 1883 foi gobernador do Banco de España.

  1. 1,0 1,1 Priego Fernández del Campo, José. "Antonio Romero-Ortiz García". Diccionario Biográfico Electrónico. Real Academia de la Historia. Consultado o 2024-02-22. 
  2. 2,0 2,1 Priego Fernández del Campo & Cabezón 1998
  3. Baró Pazos (1993), p. 163

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Carlos María Coronado
 
Ministro de Graza e Xustiza de España
 
8 de outubro de 1868 - 18 de xuño de 1869
Sucesor:
Cristóbal Martín de Herrera
Predecesor:
Víctor Balaguer
 
Ministro de Ultramar de España
 
marzo de 1881-outubro de 1883-
Sucesor:
Adelardo López de Ayala
Predecesor:
Martín Belda
 Gobernadores do Banco de España 
1881-1883
Sucesor:
Juan Francisco Camacho
Predecesor:
Pedro Sabau y Larroya
 
Real Academia da Historia
(medalla 2)
 
1880-1884
Sucesor:
Manuel Danvila y Collado