Hospital
Un hospital (do latín hospitālis) é un lugar onde se atenden enfermos, para avaliar o diagnóstico e fornecer o tratamento que precisen. Existen diferentes tipos de hospitais, segundo o tipo de patoloxías que atenden: hospitais xerais, hospitais psiquiátricos, xeriátricos, materno-infantís etc.[1] A diferenza entre un hospital e outros lugares sanitarios como unha clínica ou un consultorio médico é que un hospital terá camas onde os pacientes poden pasar a noite. Estes pacientes chámanse hospitalizados. O obxectivo do tratamento hospitalario é proporcionar unha estabilización médica 24-7, razón pola cal este tipo de tratamento ten un aspecto máis parecido a un hospital xa que os pacientes son supervisados por médicos, enfermeiros, terapeutas e traballadores sociais. O tratamento está estruturado e ten un horario que pode incluír terapia individual, terapia de grupo, xestión de casos e grupos de apoio.[2]
Os hospitais tamén tratan ás persoas que non pernoctan, chamadas ambulatorias. Médicos e enfermeiros traballan nos hospitais. Os médicos fan uso dunha tecnoloxía médica avanzada para curar aos pacientes.
Dentro dos hospitais tamén existen as diferentes ramas de medicina como son; os otorrinos, oftalmólogos, cardiólogos, odontólogos figuran entre os pertencente a hospitais xerais. Dentro dos maternos están, por exemplo os xinecólogos, cirurxiáns, pediatras etc.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de hospitais de Galicia
Clínico de Santiago de Compostela
Psiquiátrico de Conxo, Santiago de Compostela
Hospital do Barbanza, Oleiros, Ribeira
Antigo sanatorio de tuberculosos no Paraxón, Bragade, Oza-Cesuras
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de hospital |
- ↑ "Hospital". www.who.int (en inglés). Consultado o 2021-07-18.
- ↑ "Types of Treatment: Inpatient vs. Outpatient". River Oaks. Consultado o 2021-07-18.