Medio ambiente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medio ambiente natural.

O medio ambiente é o termo que designa a contorna ou daquilo que rodea, afecta e condiciona as circunstancias de vida dos seres vivos ou das sociedades formadas por eles. Comprende o conxunto de valores naturais, sociais e culturais existentes nun lugar e nun momento determinado, que inflúen na vida dos seres vivos e, por tanto, tamén do ser humano e nas xeracións vindeiras. E dicir, non se trata só do espazo no que se desenvolve a vida senón que tamén abarca seres vivos, obxectos, auga, solo, aire e as relacións entre eles. O Día Mundial do Medio Ambiente celebrase o 5 de xuño.

Historia[editar | editar a fonte]

Hipócrates (460-375 anos antes de Cristo), na súa obra Aires, augas e lugares, resaltou a importancia do ambiente como causa de enfermidade.

Thomas Sydenham (1624-1689) e Giovanni Maria Lancisi (1654-1720), formularon a teoría miasmática, na que o miasma é un conxunto de emanacións fétidas de chans e augas impuras que son causa de enfermidade.

No século XIX con Chadwick, William Farr (1807-1883) coa mortalidade dos mineiros, John Snow (1813-1858) con "Sobre o modo de transmisión do cólera", consolidouse a importancia do ambiente en epidemioloxía e a necesidade de utilizar métodos numéricos.

Étimo[editar | editar a fonte]

Como substantivo, a palabra "medio" procede do latín medium (forma neutra); como adxectivo, do latín medius (forma masculina). A palabra "ambiente" procede do latín ambiens, -ambientis, e esta de ambere, "rodear", "estar a ambos lados". O termo "medio ambiente" é parcialmente redundante, xa que os dous substantivos teñen unha acepción coincidente pero varias outras que non o son. O emprego de dous substantivos cunha acepción equivalente xustifícase neste caso para lograr unha maior precisión da lingua e evitar ambigüidades.

Concepto de ambiente[editar | editar a fonte]

Na Teoría xeral de sistemas, un ambiente é un complexo de factores externos que actúan sobre un sistema e determinan o seu curso e a súa forma de existencia. Un ambiente podería considerarse como un superconxunto, no cal o sistema dado é un subconxunto. Un ambiente pode ter un ou máis parámetros, físicos ou de outra natureza. O ambiente dun sistema dado debe interactuar necesariamente con el.

En epidemioloxía o ambiente é o conxunto de factores chamados factores extrínsecos, que inflúen sobre a existencia, a exposición e a susceptibilidade do axente en provocar unha enfermidade ao hóspede.

En ecoloxía o ambiente é o conxunto de todos os factores abióticos, ou biótopo (auga, luz, temperatura, clima, presón. etc.) coma bióticos que conforman o hábitat da biocenose ou conxuntio de poboacións que, canda ela, constitúen o ecosistema.

Estes factores extrínsecos son:

  1. Poboación humana: Demografía.
  2. Flora: fonte de alimentos, inflúe sobre os vertebrados e artrópodos como fonte de axentes.
  3. Fauna: fonte de alimentos, hóspedes vertebrados, artrópodos vectores.
  4. Auga.
  • Ambiente socioeconómico:
  1. Ocupación laboral ou traballo: exposición a axentes químicos, físicos.
  2. Urbanización ou contorna urbana e desenvolvemento económico.
  3. Desastres: guerras, inundacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]