Luciano Fariña Busto
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1945 Cambados |
| Morte | 5 de marzo de 2014 |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | xurista |
| Familia | |
| Pai | Luciano Fariña Couto |
| Irmáns | Francisco Fariña Busto |
| Parentes | Luís Fariña Couto, tío |
Luciano Fariña Busto, nado en Cambados en 1945 e finado en Pontevedra o 5 de marzo de 2014, foi un avogado e auditor galego, que ocupou o cargo de conselleiro maior do Consello de Contas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo de Luciano Fariña Couto e Francisca Busto Rodríguez. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa carreira como inspector de facenda no Ministerio de Economía, tanto na provincia de Pontevedra como no conxunto de Galicia. Foi auditor no concello de Zaragoza e tamén exerceu de forma privada. Foi designado secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Facenda en 1986, data en que se incorpora á administración autonómica no equipo de Xosé Antón Orza.
En 2000 foi elixido conselleiro maior do Consello de Contas, cargo que ocupou ata 2007. Permaneceu como conselleiro nesta institución a petición do Partido Popular[1], ata que en 2010 regresou ao cargo de conselleiro maior[2].
| Predecesor: Carlos Otero Díaz |
Conselleiro maior do Consello de Contas 2000 - 2007 |
Sucesor: Antonio López Díaz |
| Predecesor: Antonio López Díaz |
Conselleiro maior do Consello de Contas 2010 - 2014 |
Sucesor: José Antonio Redondo López |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casado e vivía en Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Benigno López, novo Valedor do Pobo por unanimidade Arquivado 05 de marzo de 2014 en Wayback Machine., Galicia Hoxe, 18/7/2007.
- ↑ Luciano Fariña repetirá como conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia[Ligazón morta], CRTVG, 3/9/2010.