Fernando Salgado García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Juan Fernando Salgado García, nado en Monterroso o 28 de marzo de 1953, é un xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi cronista do Congreso dos Deputados (1976-1980), profesor de estrutura económica na Universidade da Coruña (desde 1991), conselleiro de Economía e Facenda (1987-1990), secretario xeral da Fundación Galicia-Europa (1988-1990), deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE (1989-1994) e Secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia (2005-2009). Traballou como xornalista en Mundo Obrero, La Voz de Galicia (redactor e xefe da sección de Economía entre 1981 e 1987) e foi director de El Progreso (1994-2000). Tamén foi delegado da Corporación Voz de Galicia en Lugo. Recibiu o Premio Galicia de Xornalismo Económico (1986). Actualmente[cando?] é profesor na facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.


Predecesor:
Carlos Otero Díaz
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Economía e Facenda
 
1987 - 1990
Sucesor:
Xosé Antón Orza

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • O Jalisco, 2001, Ir Indo.

Edición[editar | editar a fonte]

  • Vinte e nove cartas de Lorenzo Varela, 2005, Edicións do Castro.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • El Estatuto de Galicia, 1976.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Cuadernos Galicia-CEE. Sector lácteo, con Xaime García e Xosé Colino, 1986.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É pai do poeta e xornalista Daniel Salgado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]