Carlos Mella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Mella
Carlos Mella (AELG)-1.jpg
Nacemento 13 de agosto de 1930 (87 anos)
Lugar A Estrada, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Xéneros Ensaio narrativa
Estudos Dereito, Ciencias económicas
editar datos en Wikidata ]

Xosé Carlos Mella Villar, nado na Estrada o 13 de agosto de 1930, é un economista, político e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou a carreira de dereito na Universidade Complutense de Madrid e ciencias económicas na Sorbona de París. Foi director xeral de política financeira do Goberno español, e profesor de Economía Política na Universidade Complutense.

Elixido deputado por UCD nas primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia (1981), tras a desfeita de UCD nas eleccións xerais de 1982 liderou un grupo de oito deputados de UCD que pactaron con Alianza Popular entrar no goberno galego, converténdose Mella en vicepresidente para asuntos económicos o 7 de marzo de 1983 do goberno presidido por Xerardo Fernández Albor.

A decisión da Casa Real de designar a Domingo García Sabell para facer a ofrenda do Apóstolo do ano 1984 provocou o malestar do goberno galego ao considerar que o elixido debera ser o Presidente da Xunta. Carlos Mella, nunha rolda de prensa, manifestou que a Casa Real cometera un grave erro político e ofendera a Galicia; duramente criticado desde os medios políticos e de comunicación de Madrid, recibiu non obstante o apoio de Manuel Fraga e da prensa galega; o rei de xira en Sudamérica decidiu volver antes de tempo e facer el mesmo a ofrenda poñendo fin á polémica.

Dimitiu por discrepancias con Xosé Luís Barreiro Rivas, o vicepresidente para asuntos políticos, en abril de 1984. Mella integrou o proxecto de partido nacionalista de centro, Coalición Galega co que consegue acta de deputado nas eleccións de 1986, posteriormente secundou a escisión que deu orixe ao Partido Nacionalista Galego, partido que abandonou xunto a Luís Cordeiro logo dunha serie de enfrontamentos que culminaron coa votación contraria do seu partido a unha emenda súa no que se creaba o Instituto de Crédito Galego. Quedou como independente na Cámara o resto da lexislatura. En 1994 encabezou a candidatura do BNG ao Parlamento Europeo, sen saír elixido.

Carlos Mella foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, porén só ocupou o cargo durante vinte días en xullo de 2001. En febreiro de 2013 foi nomeado presidente da Fundación Castelao en substitución de Avelino Pousa Antelo.


Predecesor:
Carlos Otero Díaz
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Economía, Facenda e Comercio
 
1983-1984
Sucesor:
Xaime Trebolle

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Non somos inocentes, 1990, Xerais.
  • A Galicia posible, 1992, Xerais.
  • Coa palleta distraida, 1994, Espiral Maior.
  • A falacia do economicismo, 1994, Espiral Maior.
  • Memorias dun ninguén, 2009, Galaxia.
  • El pensamiento salvaje. A vueltas con el economicismo 2012 Editorial Edizer.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • O protocolo xaponés, 1992, O Correo Galego.
  • Bieito, Bieito, 1993, Xerais.
  • Luces de Fisterra, 2005, Espiral Maior.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, 2010.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
  • Sorte do Paxariño

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]