Saltar ao contido

Consello de Contas de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Consello de Contas»)
 Consello de Contas de Galicia
Logotipo
 Instancia de
Organizacións
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
1991 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata
Sede da institución en Santiago de Compostela

O Consello de Contas de Galicia é unha institución que depende organicamente do Parlamento de Galicia, segundo a Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía[1]. O Consello de Contas é o organismo encargado de fiscalizar a xestión económica, financeira e orzamentaria do sector público galego, e de control de eficiencia da Xunta. O inicio das súas actividades produciuse o 1 de marzo de 1991, ao tomaren posesión dos seu cargo os cinco conselleiros designados polo Parlamento de Galicia. A súa sede atópase en Santiago de Compostela.

A función fiscalizadora do Consello de Contas, que opera con plena independencia do poder político, pode ser exercida directamente, tanto de oficio como por pedimento, no Parlamento Galego; tamén, por outra banda, pode delegar as súas funcións ao Tribunal de Cuentas do Estado español, ou aos órganos de control externo da Comunidade Económica Europea, de conformidade coa lexislación que fose aplicable.[2]

O seu presidente é Juan Carlos Aladro Fernández.

Artigo 53/2: Sen prexuízo do disposto no artigo 136 e no apartado d) do artigo 153 da Constitución, créase o Consello de Contas de Galicia. Unha lei de Galicia regulará a súa organización e funcionamento e establecerá as garantías, normas e procedementos para asegurar a rendición das contas da Comunidade Autónoma que deberá someterse á aprobación do Parlamento.[3]

Composición

[editar | editar a fonte]
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Consello de Contas". Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  2. Consello de Contas (ed.). "Presentación: Que é o Consello de Contas de Galicia?". Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  3. Estatuto de autonomía de Galicia de 1981 (ed.). "Artigo 53 do Estatuto de Autonomía de Galicia." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2020. Consultado o 18 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]