Xosé Manuel Millán Otero
Xosé Manuel Millán Otero | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1964 |
Lugar de nacemento | Beluso |
Falecemento | 29 de outubro de 2020 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | catedrático, escritor e político |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Manuel Millán Otero, nado en Beluso (Bueu) en 1964 e finado en Vigo o 29 de outubro de 2020,[1][2] foi un escritor e político galego vinculado ao BNG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, profesionalmente foi profesor de Lingua e Literatura Galega en Moaña. Especializouse na Xeración Nós, centrándose nás figuras de Vicente Risco e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.[3]
Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía de Moaña e foi elixido alcalde. Nas municipais de 2007 volveu ser elixido alcalde.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Este é o tempo de sal (1992, Sociedade Cultural Valle-Inclán).
- As palabras no espello (1995, Ediciós do Castro).
- Ode menor ao gran mascato Bernardino Graña cando se eleva sobre as terras do Morrazo (2010, publicado en Internet).
- As cinzas de Pasolini (2018, Editorial Toxosoutos).
Edicións[editar | editar a fonte]
- Profecía do mar, de Bernardino Graña (1995, Xerais).
- Da terra asoballada, de Ramón Cabanillas (1996, AS-PG/A Nosa Terra).
- Prosa escollida: antoloxía, de Vicente Risco (1997, AS-PG/A Nosa Terra).
- Páxinas galegas, de Johán Carballeira (2000, A Nosa Terra).
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990, Edicións do Castro).
- Historia da Literatura Galega (1996, AS-PG/A Nosa Terra).
- Os mártires do 36 (1996, A Nosa Terra).
- A Sociedade de Agricultores "El Progreso" de Beluso (1931-1936): unha experiencia de asociacionismo agrario (1997, Asociación de Veciños de Beluso). Con José Ramón Álvarez Pérez.
- Para saír do século (1997, Xerais).
- Bernárdez; Ínsua; Millán; Rei e Tato (2001). Literatura galega. Século XX. A Nosa Terra. ISBN 84-95350-33-5.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
- Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario (2007, Xerais).
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios[editar | editar a fonte]
- Gañador do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1989, por Retrato de muller con navios ao fondo.
- Accésit do XI Premio Esquío de poesía no 1991, por Este é o tempo do sal.
- VII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1994, por As palabras no espello.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sas, Fran G. "Muere Xosé Manuel Millán, alcalde de Moaña entre 2003 y 2011". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2020.
- ↑ Torres, Mónica (31 de outubro de 2020). "Falece Xosé Manuel Millán, «o grande ideólogo de Moaña» e o seu rexedor entre os anos 2003 e 2011". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2020.
- ↑ Vilavedra 1995, p. 387.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Millán Otero, Xosé Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 308.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 387. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xosé Manuel Millán Otero na Biblioteca Virtual Galega.
- Xosé Manuel Millán Otero na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Perfil en As escollas electivas
Predecesor: Xabier Barreiro Tenorio |
![]() Alcalde de Moaña 2003 - 2011 |
Sucesor: José Fervenza Costas |