Liga de Defensores de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Liga de Defensores de Vigo foi unha agrupación política creada en Vigo en 1922.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Existiu en 1872 unha Liga de Defensores de Vigo que promoveu o periódico La Concordia.

Organizada en decembro de 1921, constituíuse o 2 de xaneiro de 1922. Formada por persoas dun amplo abano ideolóxico unidas pola angueira de defender os intereses locais. As súas reivindicacións eran os investimentos no porto, a comunicación directa con Madrid por estrada e ferrocarril e o aumento dos centros de ensino público. Estaba presidida por Adolfo Gregorio Espino. Xunto a el figuran representantes da burguesía ilustrada da cidade coma Manuel Gómez Román, Amador Montenegro, Amando Garra, o avogado e conserveiro Curbera, Bernardo Bernárdez e Eugenio Fadrique González. Convocou mitins públicos e incluso algunha manifestación. Nas eleccións municipais do 5 de febreiro presentou candidatos e alcanzou presenza na Corporación Municipal, pero non conseguiu desprazar da alcaldía a antiga clase política urzaísta. Editou os periódicos La Luz e La Garra.

Apoiou a ditadura de Primo de Rivera. A partir da Liga xurdiu a Editorial Vigo, que editou El Pueblo Gallego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]