Orencio Arosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Orencio Arosa
Orencio Arosa Álvarez 1923.jpg
retrato en Vida Gallega, 1923
Nacemento1873
 Provincia de Pontevedra
Falecemento2 de xaneiro de 1939
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]

Orencio Arosa Álvarez, nado en 1873 na provincia de Pontevedra e finado o 2 de xaneiro de 1939,[1] foi un militar, reloxeiro, concelleiro, administrador e redactor de publicacións, que chegou a ser nomeado alcalde de Vigo en outubro de 1923.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orencio Arosa Álvarez.jpg

Capitán de infantería, casado coa ourensá Josefa Merino Fernández, foi o encargado de organizar a subscrición popular que obtería os fondos necesarios para pagar o monumento aos heroes da Reconquista de Vigo, que, despois de moitas vicisitudes, sería inaugurado na Praza de España en 1947 e, mais tarde, trasladado á Praza da Independencia.[3]

Foi propietario da reloxería Arosa, da rúa do Príncipe de Vigo, administrador de La Concordia e La Tranca e redactor de Noticiero de Vigo.[4]

Sendo concelleiro e alcalde en funcións suspendeu a publicación do semanario La Ráfaga. Foi designado alcalde na ditadura de Primo de Rivera, nomeamento moi criticado polo republicano Martín Echegaray.[5]


Predecesor:
Maximiliano Arbones Castellanzuelo
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1923
Sucesor:
Adolfo Gregorio Espino

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Letras de luto". Martín Codax (en castelán): 4. 1/2/1939. 
  2. "Nuevos alcaldes y ayuntamientos en provincias". ABC (en castelán). 2/10/1923. 
  3. Lamas, Jorge: "El monumento de nunca acabar" La Voz de Galicia, 18 de agosto de 2010 (en castelán).
  4. Álvarez Blázquez, José Mª (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX". Vigo en su historia (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. p. 550. ISBN 84-7231-494-4. 
  5. "Orencio Arosa, el relojero y militar que fue alcalde en 1923", La Voz de Galicia, 3 de marzo de 2007 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]