La Noche (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Noche
PaísEspaña
Lugar de publicaciónVigo
editar datos en Wikidata ]
Portada do n.º 9, do 19/9/1915.[1]

La Noche foi un semanario editado en Vigo entre 1915 e 1916.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu en xullo de 1915. Estaba dirixido por Adolfo Gregorio Espino. Cualificado como órgano dos mauristas vigueses,[2][3] incluíu información xeral de Vigo, do movemento agrario e da situación política en España. En xuño de 1916 encargouse da dirección Emilio Sías.[4] Apareceron artigos sobre os Xogos Florais celebrados no Teatro Tamberlick, patrocinados por Juan Barcia Caballero, e a festa na honra da Virxe da Rocha. Contou con destacados ilustradores e colaboradores literarios como Hipólito Reguenga Borrajo, e no apartado gráfico, incluíu imaxes de Pacheco, Sarabia, Ksado e Granada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cuatro décadas para lograr el monumento a la Reconquista". La Voz de Galicia (en castelán). 10/3/2007. Archived from the original on 12/03/2016. Consultado o 17/03/2013. 
  2. El Noroeste, 19-7-1915, p. 2.
  3. Cabo Villaverde, Miguel; Míguez Macho, Antonio (2008). "O adolescente viril. O maurismo en Galicia, 1914-1923". A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández (PDF). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. pp. 83–104. ISBN 978-84-9887-000-8. 
  4. La Región, 21-6-1916, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]