Saltar ao contido

Mauro Alonso Cuenca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMauro Alonso Cuenca

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1887 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de maio de 1965 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vigo
18 de xaneiro de 1927 – 6 de abril de 1929
← Adolfo Gregorio EspinoAlfredo Pérez Viondi → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, empresario Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAntonio Alonso Santodomingo Editar o valor en Wikidata

Mauro Alonso Giménez-Cuenca, nado en Vigo o 2 de agosto de 1887 e finado en Vigo o 26 de maio de 1965, foi un empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Antonio Alonso Santodomingo con tres dos seus fillos sentados de esquerda a dereita: Mauro, Rodrigo e Antonio.

Un dos seis fillos de Antonio Alonso Santodomingo, nado en Baiona en 1831, e de Eloisa Giménez-Cuenca, que casaron en Cuba, Mauro foi xerente da conserveira Antonio Alonso, hijos, sociedade fundada en 1918.[1] Foi vicepresidente da Cámara de Comercio (1921-1924) e presidente do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo (1925-1926). Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Vigo e deputado provincial. Nomeado alcalde de Vigo, tomou posesión o 18 de xaneiro de 1927. Dimitiu o 6 de abril de 1929 por presión dalgúns poderes locais. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu ser concelleiro de Vigo. Finou en Vigo o 26 de maio de 1965.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1913 con Margarita Gil Sequeiros.

  1. Cristina G. (18/8/2012). "La conservera más antigua de Galicia" Faro de Vigo.
  2. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 28-5-1965, p. 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Adolfo Gregorio Espino
 
Alcalde de Vigo
 
1927 - 1929
Sucesor:
Alfredo Pérez Viondi