Jet set

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jet set é un termo xornalístico empregado para referirse a un grupo social de persoas ricas que participan en actividades sociais polo xeral inacadables economicamente polo común dos individuos. O termo é un anglicismo derivado do estido de vida deste grupo social exclusivo, que acostuma a viaxar en avións, coñecidos en inglés co nome jet aircrafts. Atribúeselle a creación deste termo ó xornalista Igor Cassini, que traballaba no New York Journal-American.

Nos anos 50 os traslados en avión estaban prácticamente reservados a persoas ricas. Posteriormente abaratáronse, facendo que fosen accesibles a un maior número de persoas. De tódolos xeitos o termo jet set séguese empregando para identificar a aqueles individuos con patrimonio abondo e tempo como para viaxar regularmente por pracer. Tamén serve para referirse á xente que se traslada en avión privado.

Os membros orixinais desta elite social foron persoas famosas que se deixaban ver e fotografiar en lugares públicos, como restaurantes e salas de festa. Federico Fellini fixo un retrato do estilo de vida deste grupo na súa obra La dolce vita, de 1960.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]