Hilario, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século V
Antipapas

Nuremberg chronicles - Hilarius, Pope (CXXXVIv).jpg

Hilario, nado en Sardeña e finado en Roma o 29 de febreiro de 468, foi o Papa n.º 46 da Igrexa católica entre 461 a 468.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como arquidiácono actuou como legado de León I Magno no concilio de Éfeso celebrado en 449 e coñecido como o "latrocinio de Éfeso" opoñéndose á condena de Flaviano de Constantinopla o que lle supuxo enfrontarse ao monofisita Dióscoro e verse obrigado a afastarse tanto de Constantinopla coma de Roma para salvar a súa vida.

No momento do seu pontificado, defende (e construíe) a ortodoxia cristiá confirmando os concilios de Nicea, de Éfeso e de Calcedonia . Persegue así a condena das herexías tales como o monofisismo (reafirmando a dobre natureza humana e divina do Cristo), e o arianismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]