Sedimento

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sedimento dun pequeno río.

Chámase sedimento a calquera material sólido, acumulado sobre a superficie terrestre (litosfera) derivado das accións dos fenómenos e procesos que actúan na atmosfera, na hidrosfera e na biosfera (ventos, variacións de temperatura, precipitacións meteorolóxicas, circulación de augas superficiais ou subterráneas, desprazamento de masas de auga no ambiente submarino ou lacustre, accións de axentes químicos ou accións de organismos vivos).

Tipos e características[editar | editar a fonte]

Os sedimentos son partículas non consolidadas, creadas pola meteorización e a erosión das rochas, pola precipitación química de solucións acuosas ou pola secreción de organismos e transporte polas augas, o vento e os glaciares.

Os sedimentos que se acumulan no fondo dun corpo de auga son de gran valor para o estudo dos ecosistemas, dado que conservan o rexistro histórico do que sucedeu no lugar. As substancias tóxicas vertidas á auga, por exemplo, tenden a depositarse no sedimento, e se este se remove, poden volver quedar suspendidas, permanecendo novamente a disposición e afectando aos organismos dese ambiente.

Se denomina "sedimento" a todo tipo de depósito formado por partículas —de natureza mineral e biolóxica— transportado por fluídos, especialmente a auga e o aire. Algúns autores fan unha distinción entre o material que se transporta e aquel xa depositado. O sedimento do fondo non é inerte, nel acumúlanse diferentes substancias que forman parte do ambiente acuático. É parte activa do sistema, xa que reprocesa por medios químicos, físicos e biolóxicos o material que contén, e incluso serve como hábitat para diversos organismos: dende bacterias, fungos, animais e vexetais microscópicos ata organismos maiores e máis complexos, e incluso peixes.

Actualmente, hai un grande interese no estudo dos sedimentos debido aos problemas de contaminación. Os contaminantes son compostos químicos presentes no ambiente nunha proporción maior á natural. Vólvense contaminantes se a súa cantidade (ou a súa forma) permite que sexan inxeridos ou incorporados polos seres vivos do ambiente acuático, os consumidores deses organismos ou os usuarios do ambiente ou da auga. Gran parte dos contaminantes atopados a día de hoxe nos ambientes acuáticos proveñen de actividades humanas. Os contaminantes que se verten nun sistema acuático se denominan no sedimento cando a velocidade da corrente diminúe, e poden liberarse de modo gradual na columna de auga. Nese caso, os sedimentos actúan como fonte difusa deses compostos, aínda despois de que a fonte primaria de contaminación se desactive. Por esta razón os sedimentos dalgúns lugares están moi contaminados e deben "vixiarse" constantemente. Un exemplo é o Lago Orta, no norte de Italia, monitoreado dende hai máis de 60 anos debido á intensa contaminación por metais.

O sedimento está constituído por unha mestura de substancias de diversas clases e orixes; poden ser inorgánicas ou orgánicas, estas últimas en diferentes estadios de descomposición. Ademais, os procesos físicos, químicos e biolóxicos que ocorren no seu interior e na rexión límite entre o sedimento e a auga e inflúen na súa composición e interfiren na biodispoñibilidade dos metais e outros compostos, e na transformación gradual do material pariculado na rocha sedimentaria. Un contaminante se considera biodispoñible cando os organismos acuáticos poden asimilalo doadamente.

Por estas razóns, os valores rexionais de referencia, aínda que provén información importante respecto do aumento das proporcións dos metais nos sedimentos ao longo dos anos, presentan limitacións canto ás implicancias biolóxicas desa contaminación. Este levou a establecer outros valores que consideran posibles interferencias da proproción do metal do sedimento nos seres vivos que habitan alí. Hoxe en día existen outros dos abordaxes máis aceptables. O primeiro denomínase equilibrio de partición e o segundo efecto límite.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]