Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico
| Carlos V | |
|---|---|
|
Rei dos Romanos; Rei de Italia |
|
| Reinado | 28 de xuño de 1519 – 24 de febreiro 1558[1] |
| Coroación | 26 de outubro 1520, Aachen (título xermano), 22 de febreiro de 1530, Boloña (titulo italiano), 24 de febreiro de 1530, Boloña (título imperial) |
| Predecesor | Maximiliano I de Habsburgo |
| Sucesor | Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico |
|
Rei das Españas |
|
| Reinado | 23 de Xaneiro 1516–1556 |
| Predecesor | Xoana I de Castela Fernando II de Aragón |
| Sucesor | Filipe II de España |
|
|
|
| Reinado | 1506–1555[2] |
| Coroación | 1 May 1506 |
| Predecesor | Filipe I de Castela |
| Sucesor | Filipe II de España |
| Cónxuxe | Sabela de Portugal |
| Descendencia | |
| Filipe II de España María de Habsburgo Xoana de Habsburgo Xoán de Austria (ilexítimo) Margarida de Parma (ilexítima) |
|
| Casa | Casa de Habsburgo |
| Pai | Filipe I de Castela |
| Nai | Xoana I de Castela |
| Nacemento | 24 de febreiro de 1500 Gante, Flandres |
| Falecemento | 21 de setembro 1558 Yuste, Castela |
| Enterramento | El Escorial, San Lorenzo de El Escorial, Castela |
| Sinatura | |
| Relixión | Católica |
Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico tamén coñecido ás veces como Carlos I de España e V de Alemaña, nado en Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón a moi tenra idade, ós 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.
Índice |
Traxectoria[editar]
Mocidade[editar]
A súa infancia transcorreu na corte flamenga baixo as ensinanzas de Adriano de Utrecht. No 1515 fíxose cargo dos Países Baixos, e un ano despois, dos reinos da Coroa de Castela. A política matrimonial dos seus avós, os Reis Católicos, a morte do seu pai e a incapacidade da súa nai concedéronlle a herdanza de catro dinastías.
Do seu avó Maximiliano I de Habsburgo recibiu os territorios centroeuropeos de Austria e os dereitos ao Imperio, da súa avoa María de Borgoña herdou os Países Baixos, de Fernando o Católico recibiu o reino de Aragón, contando tamén tódalas posesións no mediterráneo deste reino, e da súa avoa Isabel a Católica, a Coroa de Castela, Canarias, diversas prazas no norte de África e toda a América xa conquistada.
No 1516 logrou, polo tanto o goberno das coroas de Castela e Aragón, e dous anos despois, en 1519, logrou coroarse emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Foi mal acollido en Castela pola súa xuventude, pero sobre todo por ser estranxeiro (lembremos que recibira unha educación flamenga) e ter conselleiros tamén estranxeiros. Este malestar conduciu ó levantamento Comuneiro (1520-1521), insurrección das principais cidades castelás, que foron derrotadas en Villalar e se someteron ao novo monarca.
Tamén houbo revoltas en València: os alzamentos das Xermanías, que protestaron contra o poder da nobreza e dos mouriscos, e que foron tamén esmagados. Sobredita insurrección durou dende 1521 a 1524.
As guerras de Carlos V[editar]
O conflito que xa había dende tempos dos reis Católicos entre franceses e castelán-aragoneses endureceuse ó sentirse este país cercado polas posesións do emperador Carlos. No 1521 Carlos retirou as aspiracións francesas de se faceren con Navarra. O rei de Francia Francisco I ocupou o Milanesado, pero foi derrotado e feito prisioneiro en Pavía. Prometeu entón retirarse de Milán e entregar Borgoña ó emperador, mais incumpriu as súas promesas e reanudou o conflito.
Na paz de Crépy (1544), Francisco I recoñeceu a soberanía do emperador Carlos sobre Artois e Flandres, retirando tamén as súas aspiracións sobre Milán e Nápoles; namentres que Carlos V abandonaba Borgoña.
Nese período loitou tamén contra os turcos, conténdoos en Austria e atacándoos polo Mediterráneo oriental. No norte de África conquistou Túnez (1535), pero fracasou na toma de Alxer (1541), o cal afianzou as posicións berberiscas.
A Reforma protestante[editar]
A Reforma de Martiño Lutero fixo desaparecer a unidade relixiosa de Europa occidental e central, o que fixo perder poder a Carlos V ó ser dividido o Sacro Imperio entre católicos e reformados.
Carlos V tentou reunir a representantes da Reforma e da Igrexa Católica, mais o papa, que temía que Carlos V se volvese demasiado poderoso se atinxía centralizar de novo o Imperio Alemán, impediuno ó se mostrar indiferente.
Entón, Carlos V decidiu actuar militarmente. Algúns príncipes alemáns reformados formaron a Liga de Esmalcalda para loitaren contra o poder imperial, pero foron derrotados en Mulberg (1547) polo propio monarca. Non obstante, Carlos V non logrou con esta vitoria a unidade política nin relixiosa no Sacro Imperio.
Abdicación[editar]
Consciente do seu fracaso ó non lograr impedir a división relixiosa de Europa, o monarca decidiu abdicar. Concedeu ó seu fillo Filipe os Países Baixos (1555) e Castela (1556), o cal se nomeou Filipe II, aínda que conservou o título imperial ata setembro de 1556.
O antigo emperador Carlos retirouse ó mosteiro de Yuste en 1556, no que morreu dous anos despois.
Descendencia[editar]
Desde 1504, comprometido coa filla de Luis XII de Francia , Claudia de Francia, que máis tarde terminaría casada con Francisco I de Valois. No entanto, Casou con súa prima a Infanta Isabel de Portugal (1503-1539), filla de D. Manuel I.
De Isabel de Portugal (1503-1539), filla de Manuel I, naceron sete fillos:
- Filipe de Habsburgo (21 de maio de 1527-1598)
- María de Habsburgo ou María da Hungría. Naceu en Madrid en xuño de 1528 e morreu en febreiro de 1603. Foi emperatriz do Sacro Imperio Romano e Raíña da Bohemia, da Hungría e da Croacia pois casou en 13 de setembro de 1548 con Maximiliano II de Habsburgo (1527-1576), seu primo, fillo de seu tío Fernando I e de Ana Jagellon da Bohemia e Hungría.
- Sabela de Habsburgo (nacida e morta en 1529)
- Fernando, nacido e morto en 1530.
- Xoana de Habsburgo (nacida en Madrid en xuño de 1537 e morta en setembro de 1573) casada en 11 de xaneiro de 1552 en Toro co infante Xoán de Portugal cuarto fillo de D. Xoán III e de D. Catarina da Austria, pais do rei D. Sebastián) o desexado.
- Xoán, nacido e morto en 1538
- Fernando, nacido e morto en 1539.
Ademais destes, tivo sete fillos ilexítimos:
- Xoán de Austria, fillo bastardo. Bautizado Xerónimo, naceu en Ratisbona, en 24 de febreiro de 1547 e morreu de peste ou tifo en Bourges, na veciñanza de Namur, Flandres, en 1 de outubro de 1578.
- tivo unha filla bastarda, Sabela, nacida en 20 de agosto de 1518 e morta despois de 1538. Foi nacida de súa madrasta [[Xermana de Foix]+, viúva de seu avó Fernando II de Aragón. Educada polo Inquisidor Josep Corretger, en Perpiñán, morreu pouco despois da nai e segundo o confesor de ambas, foi envelenada por orde de Carlos V.
- dunha muller flamenga de Oudenarde, chamada Margarida ou Xoana (von Gante, van der Gheyst, van den Gheynst?), filla de honrado e talvez afamado tapiceiro, tivo unha filla bastarda: Margarida de Parma.
- dunha moza dama de aristocracia media, pertencente aos círculos do Conde de Nassau, naceu súa filla bastarda Xoana de Austria (1522-1524) trasladada coa nai para o convento das agostiñas de Madrigal de las Altas Torres, cuxa abadesa era D. María de Aragón, bastarda de Fernando II de Aragón. Algúns autores dana por morta aos nove anos.
- tivo unha filla bastarda de Ursolina della Pena, de Perugia, a bela Pennina Perusina que se pensaba en Bruxelas co marido: chamouse Tadea e naceu en 1522. O emperador a viu en Roma, en 1536, ao retornar da campaña en Túnez. A nai morreu, talvez envelenada, e Tadea tivo que convivir con irmáns violentos. Casou sen consultar o pai, e escribiulle en 1562 solicitando recoñecemento. Pasou o resto da vida no retiro dun convento.
- solteiro aínda, dunha dama cuxo nome permaneceu no anonimato, nacéralle unha filla Joana, morta aos oito anos, que viviu sempre reclusa no convento de las Angustias en Madrid.
- de Diana de Talanga, señora de Sorrento: naceulle outra filla bastarda tamén chamada Xoana de Austria, que morrería en 1650, casada co Príncipe de Butera.
|
Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Nacemento: 24 de Febreiro de 1500 Falecemento: 21 de Setembro de 1558
|
||
| Títulos Reais | ||
|---|---|---|
| Precedido por Filipe I o fermoso |
Duque de Brabante, Duque de Limburg, Duque de Lothier e Duque de Luxemburgo, Conde de Artois, Conde de Borgoña, Conde de Flandres, Conde de Hainaut, Conde de Holandd, Conde de Namur e Conde de Zeeland Despóis de 1549 Gobernador das Dezasete Provincias dos Países Baixos dos Habsburgo Conde Palatino de Borgoña 1506–1555 |
Sucedido por Filipe II de España |
| Precedido por Fernando II de Aragón |
Rei de Nápoles 1516–1554 xunto con Xoana I de Castela (1516–1554) |
|
| Rei de Aragón, Mallorca, Valencia e Sicilia; Conde de Barcelona 1516–1556 xunto con Xoana I de Castela (1516–1555) |
||
| Precedido por Xoana I de Castela |
Rei de Castela, Toledo, Galiza, León, Murcia, Xaén, Sevilla, Granada, Xibraltar, Córdoba e Navarra 1516–1556 xunto con Xoana I de Castela (1516–1555) |
|
| Precedido por Guillerme, Duque de Jülich-Cleves-Berg |
Duque de Guelders, Conde de Zutphen 1543–1555 |
|
| Precedido por Maximiliano I,emperador do Sacro Imperio Xermánico |
Archiduque de Austria Duque de Styria, Duque de Carintia e Carniola Conde do Tirol 1519–1521 |
Sucedido por Fernando I, emperador do Sacro Imperio Xermánico |
| Rei dos Xermanos (formalmente Rei dos Romanos) 1519–1530 |
||
| Rei de Italia]] 1530–1558 |
||
| Emperador do Sacro Imperio Xermánico 1530–1558 (Emperor-elect 1520–1530) |
||
| Outros títulos Nobiliarios | ||
| Precedido por Infanta Xoana |
Príncipe de Asturias 1504–1516 |
Sucedido por Filipe II de España |
| Títulos que reclamou
|
||
| Precedido por Filipe IV |
— TITULAR — Duque de Borgoña 1506–1555 |
Sucedido por Filipe V |
Notas[editar]
- ↑ The college of electors assembled at Frankfort accepted the instrument of Charles V's imperial resignation (dated 27 August 1556) and declared the election of Ferdinand as emperor [1][2]
- ↑ Abdication of Brussels