Anicio Olibrio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anicio Olibrio foi emperador romano de Occidente entre abril e novembro de 472.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era neto de Anicio Hermoxeniano Olibrio, cónsul de Roma no 395. Como pertencía a unha das máis importantes familias do Senado romano, o augusto Valentiniano III arranxou no 454 o seu compromiso coa menor das súas fillas, Placidia. Esta alianza matrimonial permitiulle ao emperador desfacerse de Aecio, que foi asasinado.

Cando se produciu a invasión vándala de Roma, ao ano seguinte encontrábase en Constantinopla. Alí, despois de longas negociacións, logrou a liberación de súa prometida e da nai dela, a emperatriz Eudoxia (461). Finalmente casou con Placidia e foron pais de Anicia Xuliana, no 462.

No 472, o augusto León I enviouno como mediador entre o augusto Antemio e o xeneral Ricimiro. Finalmente este e o Senado nomeárono emperador depoñendo a Antemio.

Olibrio morreu repentinamente. Foi parente de Anicio Manlio Torcuato Severino Boecio.


Imperio Romano

Segue a:
Antemio
Anicio Olibrio
Precede a:
Glicerio
Imperio do Occidente