Sisto V, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papa do século XV ó século XVI
Papas do século XVI
Papa do século XVI ó século XVII
Antipapa/s
  • Ningún
Sisto V

Felice Peretti, nado en Grottammare o 13 de decembro de 1520[1] e morto en Roma o 27 de agosto de 1590, foi o papa número 227, elexido papa o 1 de maio de 1585, escollendo o nome pontifical de Sisto V (en latín Sixtus V ou Systus V).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de modestos campesiños da comarca de Ancona, na rexión das Marcas, ingresou na orde dos franciscanos conventuais. Fixo a súa carreira eclesiástica como predicador, até entrar na Inquisición, primeiro en Venecia (de 1557 a 1560) e máis tarde en España, onde foi acompañado do legado Boncompagni, futuro Gregorio XIII. En 1566, foi nomeado vigairo xeral da súa orde. Recibiu moi pronto responsabilidades pastorais, ao ser nomeado bispo de Sant’ Agata dei Goti, e despois de Fermo.

No 24 de abril de 1585, tras a morte de Gregorio XIII, foi elixido papa. Tomou o nome de Sisto V como homenaxe a Sisto IV, outro papa franciscano (1414-1484). Pouco tempo antes, o conclave xa designara un representante dunha orde mendicante na persoa de Pío V, dominico. A tendencia mostraba o retorno das grandes forzas da Idade Media, con menoscabo das que foran xurdindo durante a Reforma católica, como os xesuítas.

O pontificado de Sisto V acelerou a evolución dos Estados Pontificios cara un Estado moderno. Tal evolución era probabelmente consciente: o papa posuía na súa biblioteca un exemplar do Príncipe de Maquiavelo. Sisto V esforzouse ante todo en garantir a seguranza dos seus Estados ao ditar medidas máis severas contra os bandidos. Loitou contra os poderes feudais locais. Realizou unha política dinámica de obras públicas e de emprego: o saneamento das marismas pontinas foi tamén un medio de fornecer traballo aos innúmeros mendigos. Agrandou a Biblioteca vaticana e fixo construír a sala Sistina por Domenico Fontana. Reorganizou a Curia romana, creando pola bula Immensa æterni Dei congregacións permanentes. Impulsou a impresión dunha edición corrixida da Vulgata, a fin de formar unha barreira contra os protestantes, mais sen demasiado éxito. Paralelamente, cubriu de favores ao seu sobriño Alessandro, ao que fixo cardeal con tan só 15 anos de idade.

Notas[editar | editar a fonte]