Basílica de San Pedro
No século XV, debido a que a basílica paleocristiana atopábase bastante deteriorada e ameazaba con derrubarse, o Papa Nicolao V encargou a súa reconstrución a Bernardo Rosellino en 1452, mais os traballos interrompéronse tan só tres anos despois á morte do Papa, cando os muros tan só alcanzaban a erguerse un metro do chan. É con Xulio II en 1506 cando se reinician as obras acollendo o deseño proposto por Bramante, terminándose finalmente con Paulo V en 1626, grazas ás indulxencias que se venderon para o financiamento da obra. Debido a estas "indulxencias", un monxe alemán, Martiño Lutero, escusouse de vendelas e escribiu unha carta a Albrecht de Mainz en contra destas, incluíndo tamén incluíu o seu "Cuestionamento de Martiño Lutero ao Poder e Eficacia das Indulxencias", as que logo se coñeceron como "as 95 teses", que logo se converteron nun factor do comezo da Reforma e por tanto do nacemento do Protestantismo.
Para a construción da basílica houbo dous proxectos iniciais, un realizado por Bramante e outro por Rafael, sendo o primeiro un proxecto de cruz grega e o segundo de cruz latina. Posteriormente, Miguelanxo retomou o proxecto de cruz grega de Bramante, deseñando tamén a cúpula da basílica, onde está escrito "Ti es Pedro e sobre esta pedra edificarás a miña igrexa". O último arquitecto que interveu na construción foi Gian Lorenzo Bernini.
Na actualidade permítese a súa visita, incluída a cúpula, sempre tendo en conta que hai que vestir con recato. Está prohibida a entrada con tirantes e pantalóns curtos tanto a homes como a mulleres. Entre os moitos datos de interese sobre a basílica pódense destacar, por exemplo, que na nave central de mesma foi onde se reuniu o Concilio Vaticano II de 1962 a 1965, que a basílica é onde están enterrados a maioría do Papas, que na fachada se abren cinco portas, aínda que unha delas (a Porta Santa) só se abre cada 25 años polos anos xubilares romanos ou que constitúe o maior templo da cristiandade do mundo.