La dolce vita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La dolce vita
Título orixinal La dolce vita
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Federico Fellini
Produtor Pathé / Riama Film
Guión Federico Fellini
Tullio Pinelli
Ennio Flaiano
Brunello Rondi
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Marcello Mastroianni
Anita Ekberg
Anouk Aimée
Yvonne Furneaux
Alain Cuny
Nadia Gray
Annibale Ninchi
Margali Noel
Lex Barker
Jacques Sernas
Música Nino Rota
Fotografía Otello Martelli
Montaxe Columbia Pictures
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 1960
Duración 175 minutos
País Italia Italia
Xénero Drama, Comedia
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

La dolce vita (literalmente, A vida dóce) é un filme italiano do director da mesma nacionalidade Federico Fellini que obtivo o Oscar ao mellor vestiario no 1961, sendo nomeado a catro deles, incluíndo director e guión orixinal, e a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes do 1960.

Argumento[editar | editar a fonte]

Carente dunha trama no seu sentido tradicional e estruturada de xeito episódico, narra os acontecementos da vida de Marcello Rubini (Marcello Mastroianni), angustiado xornalista do corazón mergullado de cheo nos excesos da vida nocturna da clase alta romana e das estrelas mediáticas, como a actriz Sylvia (Anita Ekberg). As desenfreadas e exuberantes esmorgas dos ricos romanos contrastan coa escena central do falso milagre da aparición da Virxe, na que moreas de xente humilde acoden desesperadas ao lugar onde se supón que se apareceu para pedirlle diversos favores, vítimas da ignorancia e do engano.

Filme profundamente pesimista, está ateigado de escenas antolóxicas, como a de Anita Ekberg dentro da Fontana di Trevi, ademais de ser unha sátira implacable da sociedade do seu tempo.

Como curiosidade pódese citar que o termo paparazzi para designar aos fotógrafos pesados e carentes de escrúpulos deriva dun personaxe do filme, Paparazzo, amigo de Marcello e que representa ese tipo de reporteiro fotográfico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]