Xohanesburgo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Xohanesburgo (en afrikaans e inglés Johannesburg) é a cidade máis importante da República Sudafricana aínda que non sexa sede de representación política algunha, é o verdadeiro corazón financeiro, industrial e comercial do país, sendo a súa cidade máis grande e poboada, a cuarta maior do continente africano, tralo Cairo, Lagos e de Kinshasa.
De acordo co censo de 2001, a poboación da cidade supera os tres millóns. A área urbana consta de 1644 km², resultando unha densidade de só 1,962 hab/km²; e a poboación da rexión metropolitana do Gran Xohanesburgo chega a oito millóns de persoas. É unha das 40 maiores áreas metropolitanas do mundo e a única cidade global africana.
En 1886, despois do descubrimento de ouro no Witwatersrand, a administración da pequena República de Transvaal decide enviar ao vicepresidente CH. Johannes Joubert e ao deputado supervisor xeral Johann Rissik para inspeccionar os xacementos e atopar o lugar máis axeitado para establecer un asentamento, xermolo dunha futura cidade. Por eles recibiu o seu nome e xa en 1896 contaba con 100.000 habitantes.
Debido á proximidade da cadea de Witwatersrand, ricas en minerais, Xohanesburgo é un centro de ouro e diamante a gran escala.
Ver Historia urbana de Xohanesburgo.