Cinecittà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cinecittà é un complexo de teatros e estudios que se encontra na periferia orienta de Roma, e que constitúe o vértice da industria cinematográfica italiana, pois alí é onde se gravan numerosos films e se producen moitos shows televisivos. É mesmo utilizado por moitos directores extranxeiros.


Nacimento[editar | editar a fonte]

A historia de Cinecittà comeza durante o fascismo. Despois dunha serie de longametraxes que nas primeiras décadas do século XX deran a coñecer a cinematografía italiana no mundo, nos anos vinte a industria cinematográfica italiana entra en crise quedando á sombra dotras como a norteamericana ou a alemá contemporánea (Lang, Pabst, Murnau, etc. En 1931 o rexime fascisa, que recibía o apoio dalgúns intelelectuais que sostiñan fortemente a importancia do cinema como instrumento de propaganga, promoveu unha lei tendente a penalizar as importacións e a estimular a produción nacional. En 1936, Mussolini pon a primeira pedra e despois de máis de un ano de obras, o complexo é inaugurado en abril de 1937. En 1943 foi bombardeada polos nazis. Nos últimos dous anos de guerra as instalacións foron ocupadas polos nazis, que as utilizaros como lugar de concentramento de presos.


A época dourada[editar | editar a fonte]

Despois da guerra foi recuperando a actividade e durante os primeiros anos de funcionamento Cinnecittà foi lugar de traballo para muitos dos grandes maestros do cinema italiano: Luchino Visconti, Roberto Rossellini ou Vittorio de Sica. Desta época son grandes films como La Dolce Vita de Federico Fellini (un símbolo da Italia dos cincuenta), Bellissima de Visconti ou Roma, tamén de Fellini. Nos anos cincuenta prodúcese a explosión de producións americanas en Cinecittà con obras como Ben Hur ou Quo vadis?.

Producións recentes[editar | editar a fonte]

Nos últimos anos algúns directores de talla mundial escolleron estes estudios para as súas producións. Cabe destacar Gangs of New York de Martin Scorsese ou a serie televisiva Roma.