Eurocopa de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eurocopa
Fundación 1960
Rexión Europa (UEFA)
Equipos 16
Actual campión España España
(3º título)
Máis laureado Alemaña Alemaña
España España
(3 títulos)
Sitio web www.uefa.com

A UEFA European Football Championship coñecida como a Eurocopa de fútbol é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.

A competición[editar | editar a fonte]

Ata 1976, só catro equipos se clasificaban para o torneo final, número que aumentou a oito en 1980 e a dezaseis en 1996, que fica ata hoxe. O equipo do país que alberga o campionato clasifícase automaticamente, namentres que os demais, incluído o campión, teñen que xogar unha fase previa.

Trofeo[editar | editar a fonte]

O Trofeo Henri Delaunay, é chamado así en honra a Henri Delaunay, o primeiro secretario xeral da UEFA e ademais o creador da competición. Nunca puido chegar a presencia-la xa que faleceu cinco anos antes de disputarse o primeiro torneo en 1960.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1956 o traballo de base para a celebración do evento xa estaba en marcha. Así, dous anos despois, en 1958 comeza a primeira Eurocopa de Fútbol. O formato orixinal da competición consistía en varias rondas eliminatorias nas que as seleccións se enfrontaban en dous encontros, un na casa e o outro fóra. Esta era a norma excepto nas semifinais e final que se xogaban a partido único no país que era a sede do torneo.

Henri Delaunay comezou as súas tentativas de organizar este torneo ao redor de 1927. Tendo en conta os grandes esforzos que puxo na disputa do mesmo, a UEFA decidiu que o primeiro campionato se disputase en Francia. A copa aínda hoxe recebe o seu nome.

A primeira final foi en París onde a URSS derrotou na prórroga á escuadra de Iugoslavia. Ver Eurocopa de fútbol 1960.

A Eurocopa de fútbol 1964 foi a primeira en verse afectada por asuntos políticos, xa que Grecia rexeitou xogar contra Albania, pois estes dous países estaban a vivir unha guerra non declarada. As finais disputáronse en España, e a selección deste país rematou vencedora ó gañar por 2-1 á URSS

En 1968 trocou o formato da competición. Oito grupos de oito equipos xogaría uns contra os outros dúas veces, e os primeiros xogarían uns cuartos de final a dobre volta. As semifinais e final xogaríanse no país sede (Italia). Na final a selección italiana vencería a Iugoslavia na repetición do encontro por 2-0. O primeiro rematara 1-1 e daquela en caso de empate o encontro tíñase que xogar de novo.

En 1972 séguese a emprega-lo mesmo formato, sendo Bélxica a sede do torneo. A selección de Alemaña Occidental gañaría a final á URSS por 3-0.

A final de 1976 disputouse en Iugoslavia. Na final, Checoslovaquia fíxose coa vitoria nos penaltis fronte á Alemaña. O lanzamento decisivo realizouno Antonín Panenka disparando suavemente polo medio da portería. A este xeito de tira-los penaltis chámaselle dende entón Penalti estilo Panenka.

No ano 1980 a UEFA trocou o formato, clasificándose oito equipos para as finais. Estes dividiranse en dous grupos de catro, que se enfrontarán entre sí unha soa vez. Os campións de cada grupo serán os finalistas. Alemaña enfrontouse a Bélxica na final, a quen venceu 2-1 con dous goles de Horst Hrubesch.

En 1984 empregouse o mesmo sistema, mais esta vez os dous primeiros de cada un dos grupos pasaría a semifinais. A Francia venceu a España por 2-0 con goles de Michel Platini e Bruno Bellone. O gardametas vasco Luis Miguel Arconada foi nomeado mellor porteiro do torneo, a pesar de que un error seu lle custou un gol a España na final.

A Eurocopa de Fútbol 1988 celebrouse en Alemaña Occidental, e seguiuse a emprega-lo modelo da Eurocopa anterior. A Holanda fíxose co título vencendo na final á URSS por 2-0.

A Eurocopa de Fútbol 1992 disputouse en Suecia nun tempo de trocos políticos no panorama europeo. Alemaña unida disputa por vez primeira unha eurocopa, e tamén o fai a Comunidade de Estados Independentes, resultado da ruptura da URSS. Iugoslavia clasificouse para as finais, pero foron excluídos pola Guerra dos Balcáns. Dinamarca xogou no seu lugar e sorprendentemente quedaron campións, vencendo á Alemaña por 2-0 na final.

Coa ruptura da URSS tódolos países que a conformaban queríanse presentar por separado. Isto provocou a aparición de novas escuadras e a competición tívose que axustar. O número de equipos participantes pasaron a ser dezaseis, situados en catro grupos de catro, pasando os dous primeiros a cuartos de final.

Así, na Eurocopa de Fútbol 1996 disputada en Inglaterra presentáronse 16 equipos. Alemaña vencería por 2-1 á República Checa grazas a un Gol de Ouro de Oliver Bierhoff

Bélxica e Países Baixos foron os primeiros países en comparti-la organización do evento no 2000. Francia alzouse coa vitoria cun Gol de Ouro de David Trezeguet.

Na Eurocopa de Fútbol 2004 empregouse por vez primeira o Gol de Prata, substituíndo ao Gol de Ouro anterior. Desta volta Grecia venceu a Portugal.

Nas edicións de 2008 en Austria-Suiza e 2012 en Ucraína-Polonia resultou vencedora a selección española, derrotando na final da primeira delas a Alemaña por 1-0; e na segunda final a Italia por 4-0, sendo esta última final a do resultado máis abultado de todas as disputadas. Con estes dous títulos, a selección española convértese na primeira en acadar dous triunfos consecutivos, amais de permitirlle igualar á selección alemana en ser as seleccións con máis títulos (3).

Futuro[editar | editar a fonte]

A máis recente novidade é permitir que dous países actúen coma sedes da mesma competición. Bélxica e a Holanda foron os primeiros en compartir sede no 2000. No 2008 Austria e Suíza tamén compartiron a organización. Fálase tamén da ampliación a 24 equipos tendo en conta que trala disolución da URSS e Iugoslavia o número de países participantes aumentou notablemente.

Formato[editar | editar a fonte]

Roldas Clasificatorias[editar | editar a fonte]

Para chegar á fase final da Eurocopa unha escuadra ten que rematar coma campión ou subcampión do seu respectivo grupo de clasificación, coa excepción dos países sedes do torneo que se clasifican automaticamente. Estes encontros comezan en outono xusto despois de disputarse o Mundial.

Os grupos son elixidos pola UEFA nun sorteo con cabezas de serie, de tal xeito que as escuadras consideradas máis fortes non se enfronten entre si nesta fase. Á hora de facer a lista de equipos máis poderosos tense en conta:

  1. O coeficiente dos encontros xogados na última fase de clasificación.
  2. A diferenza de goles anotados e encaixados.
  3. Maior número de goles anotados.
  4. Maior número de goles anotados fóra de casa.

O resultado final son sete grupos nos que se disputa unha liga a dobre volta, con 3 puntos por vitoria, 1 por empate e 0 por derrota. En caso de empate entre dous ou máis equipos séguese este criterio:

  1. Maior número de puntos nos encontros entre os equipos en cuestión.
  2. Maior diferenza de goles nos encontros entre os equipos en cuestión.
  3. Máis goles anotados nos encontros contra os equipos en cuestión.
  4. Máis goles anotados xogando fóra da casa nos encontros entre os equipos en cuestión.
  5. Resultados dos encontros de tódolos grupos:
    1. Maior diferenza de goles.
    2. Máis goles anotados.
    3. Máis goles anotados fóra de casa.
    4. Mellor conduta deportiva.

Fase Final[editar | editar a fonte]

Dezaseis escuadras chegan ata a fase final, para o torneo do 2008 serán os campións e subcampións dos sete grupos de clasificación. A estes engádense os dous organizadores, Austria e Suíza. Estes dezaseis equipos son divididos en catro grupos, (A,B,C,D). Estes escólleos a UEFA mediante un sorteo preparado para que non se xunten os cabezas de serie.

Os catro grupos xogan unha liguiña onde cada escuadra se enfronta a cada rival unha soa vez. A vitoria vale 3 puntos, o empate 1 e a derrota 0. O campión e subcampión de cada grupo pasa a cuartos de final. A partir de aí xógase a eliminatoria a partido único. Se ao remate dalgún encontro hai empate, xogarase un tempo extra de trinta minutos. Se aínda persiste, disputarase unha rolda de penaltis.

Resultados[editar | editar a fonte]

Ano Lugar Final 3º e 4º posto
Campión Resultado Subcampión 3º Posto Resultado 4º Posto
1960
Detalles
Francia Flag of the Soviet Union.svg
URSS
2 - 1
Prórroga
Flag of SFR Yugoslavia.svg
Iugoslavia
Checoslovaquia
Checoslovaquia
2 - 0 Francia
Francia
1964
Detalles
España España
España
2 - 1 Flag of the Soviet Union.svg
URSS
Hungría
Hungría
3 - 1
Prórroga
Dinamarca
Dinamarca
1968
Detalles
Italia Italia
Italia
1 - 1
2 - 0 replay
Flag of SFR Yugoslavia.svg
Iugoslavia
Inglaterra
Inglaterra
2 - 0 Flag of the Soviet Union.svg
URSS
1972
Detalles
Bélxica Alemaña
Alemaña Occidental
3 - 0 Flag of the Soviet Union.svg
URSS
Bélxica
Bélxica
2 - 1 Hungría
Hungría
1976
Detalles
Iugoslavia Checoslovaquia
Checoslovaquia
2 - 2
(5 - 3) Penaltis
Alemaña
Alemaña
Flag of the Netherlands.svg
Holanda
3 - 2
Prórroga
Flag of SFR Yugoslavia.svg
Iugoslavia
1980
Detalles
Italia Alemaña
Alemaña Occidental
2 - 1 Bélxica
Bélxica
Checoslovaquia
Checoslovaquia
1 - 1
(9 - 8) Penaltis
Italia
Italia
Ano Sede Campión Resultado Subcampión Semifinalistas (Non se disputa encontro de 3º e 4º posto dende 1980)
1984
Detalles
Francia Francia
Francia
2 - 0 España
España
Dinamarca
Dinamarca
e Flag of Portugal.svg
Portugal
1988
Detalles
Alemaña Occidental Flag of the Netherlands.svg
Holanda
2 - 0 Flag of the Soviet Union.svg
URSS
Italia
Italia
e Alemaña
Alemaña occidental
1992
Detalles
Suecia Dinamarca
Dinamarca
2 - 0 Alemaña
Alemaña
Flag of the Netherlands.svg
Holanda
e Flag of Sweden.svg
Suecia
1996
Detalles
Inglaterra Alemaña
Alemaña
2 - 1
Gol de ouro
Checoslovaquia
República Checa
Inglaterra
Inglaterra
e Francia
Francia
2000
Detalles
Bélxica &
Países Baixos
Francia
Francia
2 - 1
Gol de ouro
Italia
Italia
Flag of the Netherlands.svg
Holanda
e Flag of Portugal.svg
Portugal
2004
Detalles
Portugal Grecia
Grecia
1 - 0 Flag of Portugal.svg
Portugal
República Checa
República Checa
e Flag of the Netherlands.svg
Holanda
2008
Detalles
Austria &
Suíza
España
España
1 - 0 Alemaña
Alemaña
Flag of Russia.svg
Rusia
e Flag of Turkey.svg
Turquía
2012
Detalles
Polonia &
Ucraína
España
España
4 - 0 Italia
Italia
Alemaña
Alemaña
e Flag of Portugal.svg
Portugal
2016
Detalles
Francia


Vitorias totais[editar | editar a fonte]

Dende que a Unión Soviética inagurara o palmarés do torneo, só Alemaña e España con 3 títulos, e Francia con 2, venceron en máis dunha ocasión.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Equipo Títulos Subcampións 3º Posto Semifinalistas 4º Posto
Alemaña Alemaña1 3 (1972, 1980, 1996) 3 (1976, 1992, 2008) - 2 (1988, 2012) -
España España 3 (1964, 2008, 2012) 1 (1984) - - -
Francia Francia 2 (1984, 2000) - - 1 (1996) 1 (1972)
Rusia Rusia2 1 (1960) 3 (1964, 1972, 1988) - 1 (2008) 1 (1968)
Italia Italia 1 (1968) 2 (2000, 2012) - 1 (1988) 1 (1980)
República Checa República Checa3 1 (1976) 1 (1996) 2 (1960, 1980) 1 (2004) -
Países Baixos Países Baixos 1 (1988) - 1 (1976) 3 (1992, 2000, 2004) -
Dinamarca Dinamarca 1 (1992) - - 1 (1984) 1 (1964)
Grecia Grecia 1 (2004) - - - -
Serbia Serbia4 - 2 (1960, 1968) - - 1 (1976)
Portugal Portugal - 1 (2004) - 3 (1984, 2000, 2012) -
Bélxica Bélxica - 1 (1980) 1 (1972) - -
Inglaterra Inglaterra - - 1 (1968) 1 (1996) -
Hungría Hungría - - 1 (1964) - 1 (1972)
Suecia Suecia - - - 1 (1992) -
Turquía Turquía - - - 1 (2008) -


Inclúe os datos da selección de: 1. Alemaña Federal, 2. Unión Soviética e CEI, 3. Checoslovaquia, 4. Iugoslavia e Serbia e Montenegro.

Sedes[editar | editar a fonte]

Sede País Ano(s)
3 veces Francia Francia 1960, 1984, 2016
2 veces Bélxica Bélxica 1972, 2000
2 veces Italia Italia 1968, 1980
1 vez Alemaña Alemaña Federal 1988
1 vez Austria Austria 2008
1 vez España España 1964
1 vez Inglaterra Inglaterra 1996
1 vez Flag of SFR Yugoslavia.svg Iugoslavia 1976
1 vez Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 2000
1 vez Polonia Polonia 2012
1 vez Flag of Portugal.svg Portugal 2004
1 vez Flag of Sweden.svg Suecia 1992
1 vez Suíza Suíza 2008
1 vez Ucraína Ucraína 2012


  • Bélxica e os Países Baixos compartiron a organización da Eurocopa 2000
  • Austria e Suíza compartiron a organización da Eurocopa 2008
  • Polonia e Ucraína compartiron a organización da Eurocopa 2012

Aparicións nas Fases Finais[editar | editar a fonte]

Aparicións País
10 Alemaña Alemaña[1]
8 Inglaterra Inglaterra
Dinamarca Dinamarca
Países Baixos Países Baixos
España España
7 Italia Italia
Francia Francia
6 Unión Soviética Unión Soviética[2]
5 Portugal Portugal
Iugoslavia Iugoslavia[3]
4 Bélxica Bélxica
Chequia República Checa
Romanía Romanía
3 Chequia República Checa
Suecia Suecia
Rusia Rusia
Suíza Suíza
2 Bulgaria Bulgaria
Croacia Croacia
Grecia Grecia
Hungría Hungría
Escocia Escocia
Turquía Turquía
Noruega Noruega
1 Irlanda Irlanda
Letonia Letonia
Serbia e Montenegro Serbia e Montenegro[4]
Eslovenia Eslovenia
Austria Austria
Finlandia Finlandia


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Incluíndo cinco aparicións coma Alemaña Occidental.
  2. Incluindo unha aparición coma Comunidade de Estados Independentes en 1992.
  3. Inclue a clasificacción para 1992 e posterior descalificación polas sancións internacionais debido á Guerra dos Balcáns
  4. O pais chamouse República Federal de Iugoslavia no 2000.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

OUtros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eurocopa de Fútbol