Alarico I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alarico I
Rei dos visigodos
02-ALARICO.JPG
Reinado 395410
Nacemento 370
Illa de Peuce, Dobruja
Falecemento 410
Cosenza, Calabria
Sepultura descoñecido, posiblemente o río Busento
Sucesor Ataúlfo
Dinastía Baltinga
Pai Rocesthes
Alarico I, reprodución fotográfica de 1894 dunha pintura de Ludwig Thiersch.

Alarico I (gótico Alhareiks), nado na illa de Peuce, no delta do Danubio no ano 370 e falecido en Cosenza no ano 410, foi rei dos visigodos (395-410) da dinastía baltinga, fillo do caudillo visigodo Rocesthes.[1]

Foi o primeiro líder xermánico en tomar a cidade de Roma, no famoso saque de Roma en 410. O saque foi resultado do fracaso das negociacións entre Alarico e o Imperio na tentativa de obter un posto de mando para si mesmo no exército romano.

No século IV era común o Imperio Romano de utilizarse dos bárbaros como tropas auxiliares, nas súas campañas militares, estas oriúndas de pobos foederati, sometidas ao comando dos xenerais romanos. Alarico era un líder dun grupo de soldados e serviu baixo o emperador Teodosio I o Grande até a morte deste en 395.

O Imperio entón foi dividido entre os sucesores de Teodosio: o Imperio Romano do Oriente con Arcadio, e o Imperio Romano do Occidente con Honorio. Non tendo atendido seu desexo dun posto no exército romano, Alarico rebelouse e promoveu tres cercos a Roma, o último dos cales culminou co saqueo os días 25, 26 e 27 de agosto de 410. [2]. Nunha posición de forza, Alarico continuou a súa marcha cara ao sur co fin de pasar a Africa, pero faleceu en Cosenza de forma repentina.

Enterramento de Alarico I

Segundo unha lenda aparecida tres séculos máis tarde, enterraríase baixo a cama do río Busento, en Cosenza, Calabria: desvíase o río e cávase a súa tumba, entérrase o seu corpo cun importante tesouro, matan aos escravos que cavaran a tumba enterrándoos con el para gardar o segredo, o río logo recobre o seu curso.

Aínda que se fala del como o primeiro dos reis visigodos, foi máis ben un caudillo militar e nunca chegou a pisar a Península Ibérica. A liña de reis godos empeza propiamente co seu sucesor, primo e cuñado, Ataúlfo, que, casado con Gala Placidia en 414, atopou a morte na cidade de Barcino en 415. Con todo, o certo é que aínda que o Reino visigodo de Tolosa como estado federado de Roma (418-476) estaba asentado na Aquitania secunda, polo que a súa política e intervencións militares quedaban lonxe de Hispania, as intervencións de Teodorico I o Grande (418-453) en Hispania van ser numerosas, xa sexa como pobo federado de Roma ou por iniciativa propia. A pesar de todo, só tras a derrota visigoda na batalla de Vouillé e o período chamado interregnum visigodo (507-549), terá lugar o nacemento do Reino visigodo de Toledo, onde seu pobo estabeleceuse após súa morte.

Predecesor:
Atanarico
Rei dos visigodos
395410
Sucesor:
Ataúlfo

NOTAS[editar | editar a fonte]

  1. Biografías y vidas - Alarico I [1]
  2. http://www.livrariagalileu.com.br/home/detalhe.asp?id_livro=146363&buscape Libro do autor KULIKOWSKI, Michael