FIFA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os países membros da FIFA

A Fédération Internationale de Football Association ou Federación Internacional de Fútbol (FIFA) é a institución que dirixe internacionalmente as asociación deportivas de fútbol. Fundouse o 21 de maio de 1904 e ten a súa sede en Zúric, en Suíza. Forma parte do FA Board Internacional, organismo encargado de modificar as regras do xogo. Ademais, a FIFA organiza os campionatos mundiais de fútbol nas súas distintas modalidades.

A FIFA agrupa 208 asociacións ou federacións de fútbol de distintos países, contando con 16 países afiliados máis que a Organización das Nacións Unidas, e cinco menos que a Federación Internacional de Baloncesto.

Índice

[editar] Organización

O ingreso á FIFA está aberto a calquera asociación ou federación encargada de organizar o fútbol no seu país. Normalmente hai un só afiliado por estado, como no caso de Francia, España ou Portugal. Pero tamén se dan casos de asociacións de nacións sen estado, principalmente as británicas, Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte, por ser o Reino Unido o lugar onde naceu o fútbol moderno. Tamén atopamos, entre outras, as Illas Feroe, con selección independente de Dinamarca.

A nivel de continentes a FIFA ten afiliadas ás seguintes confederacións:

Confederación Continente Ano de fundación
Confederación Sudamericana de Fútbol (CONMEBOL) América do Sur 1916
Unión de Asociacións de Fútbol Europeas (UEFA) Europa 1954
Confederación Asiática de Fútbol (AFC) Asia 1954
Confederación Africana de Fútbol (CAF) África 1957
Confederación de Fútbol de Norte, Centroamérica e o Caribe (CONCACAF) América do Norte, Central e Caribe 1961
Confederación de Fútbol de Oceanía (OFC) Oceanía 1966


[editar] Presidentes

Nome Nacionalidade Período
1. Robert Guérin Francia Francia 1904–1906
2. Daniel Burley Woolfall Inglaterra Inglaterra 1906–1918
3. Jules Rimet Francia Francia 1921–1954*
4. Rodolphe Seeldrayers Bélxica Bélxica 1954–1955
5. Arthur Drewry Inglaterra Inglaterra 1955–1961
6. Stanley Rous Inglaterra Inglaterra 1961–1974*
7. João Havelange Flag of Brazil.svg Brasil 1974–1998*
8. Joseph Blatter Checoslovaquia República Checa 1998–presente


*Recibiu o título de presidente honorario posteriormente.

[editar] Torneos

Desde a súa institución en 1904, a FIFA organizou un total de 14 torneos (FIFA competitions), dos cales 4 son no ámbito olímpico de acordo coa carta presentada polo COI, 1 no ámbito intercontinental e 9 no ámbito mundial (8 a nivel de seleccións e un a nivel de clubs).

[editar] Competicións masculinas

Torneo Último torneo Campión vixente
Copa Mundial de Fútbol Flag of South Africa.svg Sudáfrica 2010 España España
Copa Mundial de Fútbol Sub-20 Flag of Egypt.svg Exipto 2009 Flag of Ghana.svg Ghana
Copa Mundial de Fútbol Sub-17 Flag of Nigeria.svg Nixeria 2009 Civil Ensign of Switzerland.svg Suíza
Copa FIFA Confederacións Flag of South Africa.svg Sudáfrica 2009 Flag of Brazil.svg Brasil
Campionato Mundial de fútbol sala da FIFA Flag of Brazil.svg Brasil 2008 Flag of Brazil.svg Brasil
Copa Mundial de Fútbol Praia da FIFA Flag of the United Arab Emirates.svg Dubai 2009 Flag of Brazil.svg Brasil
Torneo Olímpico de Fútbol masculino Flag of the People's Republic of China.svg Pequín 2008 Flag of Argentina.svg Arxentina
Torneos Olímpicos Xuvenís de Fútbol Flag of Singapore.svg Singapur 2010 Flag of Bolivia.svg Bolivia
Copa Mundial de Clubs da FIFA Flag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos 2010 Flag of Italy.svg Inter de Milán


[editar] Competiciones femininas

Torneo Último torneo Campión vixente
Copa Mundial Feminina de Fútbol Flag of the People's Republic of China.svg China 2007 Alemaña Alemaña
Copa Mundial Feminina de Fútbol Sub-20 Flag of Germany.svg Alemaña 2010 Alemaña Alemaña
Copa Mundial Feminina de Fútbol Sub-17 Flag of Trinidad and Tobago.svg Trindade e Tobago 2010 Flag of South Korea.svg Corea do Sur
Torneo Olímpico de Fútbol femenino Flag of the People's Republic of China.svg Pequín 2008 Flag of the United States.svg Estados Unidos
Torneos Olímpicos Xuvenís de Fútbol Flag of Singapore.svg Singapur 2010 Flag of Chile.svg Chile
Copa Mundial de Clubs Feminina da FIFA Por definirse


[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas