Nicolao V, papa
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia dos papas de Roma é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías papais que precisan de revisión e nas que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Papa do século XIV ó século XV |
|
|---|---|
|
|
| Papas do século XV |
|
|
|
| Papa do século XV ó século XVI |
|
|
|
| Antipapa/s |
|
|
Tommaso Parentucelli, nado cara a 1398 en Sarzana (Italia) e finado en Roma en marzo 1455, baiso o nome Nicolao V, foi o papa n.º 208 da Igrexa Católica Romana de 1447 a 1455. Puxo fin ao cisma do antipapa Fiz V. Libre de todo nepotismo, era pequeno e de frouxa constitución física. A súa mirada aguda non xeraba a obediencia; era máis un home de letras que home de acción. A súa gran xenerosidade, o seu gusto pola arte e as súas eleccións políticas difíciles válenlle non obstante de ser considerado como un dos papas máis brillantes.
Pontificado [editar]
Construtor de fortificacións e restaurador de igrexas, comeza o seu pontificado embelecendo a gran cidade (empezará a construción do Pazo do Vaticano desexando que sexa o maior pazo do mundo), e invitando aos pintores, os arquitectos e ante todo os escritores. Home do Renacemento, imbuído do espírito humanista, fundou a Biblioteca Apostólica Vaticana en 1448 e fomentou a tradución de clásicos como Diodoro, Tucídides, Homero e Estrabón.
Sendo papa dedicase en Roma a establecer novos equilibrios políticos e internacionais. Pola bula Romanus Pontifex [1], póusase en árbitro dos imperios españoL e portugués e alcance a autoridade universal do pontífice, incluído a cristianización dos pobos indíxenas e musulmáns. Durante o seu reinado intentou convocar os reis cristiáns a unha cruzada para evitar a inminente caída de Constantinopla en mans dos turcos, pero a súa chamada foi ignorada e a cidade caeu en 1453.
Notas [editar]
- ↑ (en inglés) Romanus Pontifex (páxina consultada o 20/10/2009)