Golpe de Estado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tras dun golpe de estado a mans de Franco e despois de tres anos de guerra civil, o estado español viviría preto de 4 décadas de ditadura.

Un golpe de Estado, do francés coup d'État[Cómpre referencia], é a usurpación do poder vixente, violando e vulnerando a legalidade institucional nun Estado por parte dun grupo de persoas, xeralmente forzas armadas sublevadas ou sectores da sociedade non conformes co sistema de goberno ou co goberno mesmo.

Índice

[editar] Características e metodoloxía

O golpe de Estado en moitas ocasións termina co establecemento dunha ditadura, aínda que isto non sempre é así. O golpe de Estado por definición prodúcese contra calquera goberno, autoritario ou non, e pode buscar instaurar calquera outro diferente, normalmente tamén autoritario. Con todo, o sentido despetivo fai que se utilice na maior parte das ocasións a referirse a intentos de instauración de ditaduras.

Este ataque á legalidade e soberanía dun país implica a retención dos organismos depositarios daquelas. Estes órgano poderían ser o Goberno ou o Parlamento, no caso de países democráticos, ou o rei ou ditador noutros sistemas de goberno distintos. Tamén é habitual o control dos medios de comunicación, a prohibición de calquera tipo de oposición e a suspensión do Estado de dereito, polo menos temporalmente.

Algúns diferencian o golpe de Estado do pronunciamento militar baseándose en que este último procura cambiar o Goberno, pero sen levar a cabo unha usurpación nin derrocar o sistema vixente.

[editar] Algúns golpes de Estado do século XX

Os golpes de Estado foron moi frecuentes durante os séculos XIX e XX ao longo de todo o mundo.

Na sección seguinte relaciónanse algúns dos golpes máis importantes do século XX e XXI.

[editar] Golpes de Estado do século XXI

[editar] Bibliografía

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas