Reino das Dúas Sicilias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Regno delle Due Sicilie
Reino das Dúas Sicilias
Estado

 

1816–1861
Bandeira do Reino das dúas Sicilias Escudo
Mapa do Reino
Capital Nápoles
Lingua Napolitano e siciliano
Relixión Católica
Goberno Monarquía
Rei do Reino das Dúas Sicilias
(simplificado como Rei das Dúas Sicilias)
 • 1816 - 1825 Fernando I
 • 1825 - 1830 Francisco I
 • 1830 - 1859 Fernando II
 • 1859 - 1861 Francisco II
Período histórico Restauración
 • Congreso de Viena 12 de decembro de 1816
 • Unificación de Italia 6 de setembro de 1861

O Reino das Dúas Sicilias (en italiano Regno delle Due Sicilie) é un antigo estado de Italia meridional, creado en 1816 e anexionado polo Reino de Italia en 1861. Comprendía os territorios de Nápoles e Sicilia, cunha extensión aproximada duns 95.000 km2. Foi gobernada por unha póla da Casa de Borbón española, descendente de Carlos III de España, el mesmo rei de Nápoles e de Sicilia como Carlos VII.

Dúas Sicilias estaba formada polos antigos reinos de Sicilia e Nápoles, ligados á Coroa de Aragón desde os séculos XIII e XV, respectivamente. Co desmembramento da Monarquía Hispánica no Tratado de Utrecht (1713), Nápoles e Sicilia pasaron a dominio austríaco, pero case inmediatamente os españois trataron de recuperalos (Guerra da Cuádrupla Alianza). Aproveitando a Guerra de Sucesión Polaca, en 1734, Carlos de Borbón, por entón Duque de Toscana, derrotou os austríacos coas tropas do seu pai Filipe V de España, e recuperou estes reinos para a súa dinastía, aínda que se unirían aos dominios do Rei de España. Carlos foi recoñecido de inmediato por Francia en virtude do Primeiro Pacto de Familia. En 1737 faríano os Estados Pontificios e, a continuación, o resto dos Estados italianos.

Á morte do seu irmán Fernando VI de España, Carlos cedeu o trono de Nápoles-Sicilia ao seu fillo Fernando (IV de Nápoles e III de Sicilia) en 1759 para poder cinguirse a coroa española. Fernando IV de Nápoles, tralo periplo xerado coa Revolución Francesa e as Guerras Napoleónicas, regresou ao trono napolitano e cambiou a denominación Nápoles-Sicilia por Reino das Dúas Sicilias en 1816. Desde entón foi coñecido como Fernando I do Reino das Dúas Sicilias. O seu neto, Francisco II, en 1860 perdeu o Reino, conquistado por Garibaldi trala denominada expedición dos mil. Con esta conquista, o Reino das Dúas Sicilias deixa de existir como estado independente.

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

Mapa do Reino das Dúas Sicilias.

A orixe do nome Dúas Sicilias remóntase á chegada a Italia de Carlos I de Anjou, quen recibiu do Papa o título de «Utriusque Siciliae Rex» (Rei das Dúas Sicilias).[1] Logo da revolta das Vésperas sicilianas, ocorrida no ano 1282, o reino foi dividido en dúas partes: a illa siciliana quedou dominada polos aragoneses e a parte continental polos Anjou. Ambos os reis arrogáronse o título de Rei de Sicilia. De aquí naceron as denominacións «Regno di Sicilia al di qua del faro» (Reino de Sicilia deste lado do faro) e «Regno di Sicilia al di là del faro» (Reino de Sicilia do outro lado do faro), en referencia ao Faro de Messina. No Congreso de Viena de 1816, oficializouse a unión do Reino de Sicilia e do Reino de Nápoles. Fernando I utilizou o nome de Dúas Sicilias para denominar o novo reino.

División Administrativa[editar | editar a fonte]

As dúas principais divisións administrativas eran a parte continental do reino, Reali Dominii al di qua del Faro (Reais Dominios a este lado do Faro) e Sicilia Reali Dominii al di là del Faro (Reais Dominios ao outro lado do Faro). Referíndose ao Faro de Messina.

A parte continental do reino, os Reais Dominios a este lado do Faro, estaba dividida en 13 provincias: Terra di Lavoro, Principado de Citra, Principado de Ultra (actual Campania); Calabria Citerior, Calabria Ulterior (actual Calabria); Capitanata, Terra di Bari, Terra d'Otranto (actual Puglia); Abruzzo Citerior, Abruzzo Ulterior (actual Abruzzi); o condado de Molise (actual rexión de Molise) e máis a Provincia de Basilicata en Basilicata. Sicilia era considerada unha soa provincia pero á súa vez estaba dividida en tres: o Val Demone, o Val di Noto e máis o Val di Mazara.

 
Peninsular Capital
1 Abruzzo Ultra.png Abruzzo Ultra L'Aquila
2 Abruzzo Citra.png Abruzzo Citra Chieti
3 Terra di Lavoro.png Terra di Lavoro Nápoles
4 Contado di Molise.png Contado di Molise Campobasso
5 Principato Ultra.png Principato Ultra Benevento
6 Principato Citra.png Principato Citra Salerno
7 Province of Capitanata.png Capitanata Foggia
8 Province of Basilicata.png Basilicata Potenza
9 Terra di Bari.png Terra di Bari Bari
10 Terra di Otranto.png Terra di Otranto Lecce
11 Calabria Citra.png Calabria Citra Cosenza
12 Calabria Ultra.png Calabria Ultra Catanzaro
 


Provincias do Reino

Insular Capital
13 Sicilia Palermo


Historia[editar | editar a fonte]

Os Borbóns en Nápoles[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Carlos III de España.
Estatua de Carlos III na fachada do Palacio Real de Nápoles.

O 10 de maio de 1734, durante a Guerra de Sucesión Polaca, Carlos III de España, pertencente á Casa de Borbón, entrou en Nápoles e coroouse rei de Sicilia un ano despois. De este modo, conquistou todo o Sur de Italia que estaba nas mans de Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico. No ano 1737, a paz de Viena puxo fin á contenda e o Reino de Nápoles conseguiu a autonomía de España. A pesar do tratado, continuaron as hostilidades. En agosto de 1744, o exército de Carlos III venceu na Batalla de Velletri os austríacos que querían reconquistar o reino.

En 1759, Carlos III abdicou en favor do seu fillo, o futuro Fernando IV de Nápoles, e regresou a España para ser coroado rei, pois o seu medio irmán, Fernando VI, morrera sen descendencia e el era o seguinte na liña de sucesión.

No ámbito civil, a situación económica e social de Nápoles a comezos do século XVIII era desastrosa, polo que Carlos III realizou un proceso de reformas de carácter ilustrado. As primeiras reformas do seu reinado baseábanse na loita contra os privilexios eclesiásticos: no 1741 cun concordato reducíronse o dereito de asilo e outras inmunidades, e os bens da Igrexa foron subordinados á fiscalidade.

Carlos III gobernou Nápoles durante máis de medio século, notándose no reino unha gran alza na produción agropecuaria e no comercio. No 1755 foi instituída na Universidade de Nápoles a primeira cátedra de Economía e de Astronomía do mundo.

Ademais, o rei trasladou a residencia real a Caserta onde construíu o Palacio Real de Caserta, actualmente Patrimonio da Humanidade. Tamén construíu o palacio de Portici, o museo de Capodimonte, a Capela San Severo o Teatro San Carlo, o máis antigo teatro de ópera activo no mundo (tamén Patrimonio da Humanidade). Fixo construír un albergue para os pobres e comezou as escavacións en Pompeia e Herculano.

Fernando IV e o período napoleónico[editar | editar a fonte]

Fachada norte do Palacio Real de Caserta e passeggio monumental do parque, ambos froito do xenial deseño de Vanvitelli. A figura dominante do palacio queda engrandecida grazas á perspectiva escénica que lle outorgan os graduados xardíns.
María Carolina e Fernando I, Rei das Dúas Sicilias, cos seus fillos cando eran nenos, pintura de Angélica Kauffmann.
O cardenal Fabrizio Dionigi Ruffo (San Lucido, 16 de setembro de 1744 - Nápoles, 13 de decembro de 1827).

No 1759, despois da partida do rei Carlos, convertido en Rei de España, subiu ao trono Fernando IV de Nápoles con só 8 anos de idade. Os principais rexentes do neno foron Domenico Cattaneo, príncipe de San Nicandro, e o marqués Bernardo Tanucci.

No 1768 Fernando IV casou con María Carolina de Austria, filla da emperatriz María Tareixa I de Austria e irmá de María Antonieta, raíña de Francia. Mentres Fernando IV se preocupou só das relacións coa Igrexa e da construción de obras públicas, como a Academia de Arquitectura de Nápoles ou a Casa Vanvitelliana, a nova raíña participou activamente no goberno do reino.

Nos primeiros anos de goberno, María Carolina mostrouse tolerante cos movementos republicanos. Porén, tras a caída de Luís XVI durante a Revolución Francesa, uniuse á Primeira Coalición que formaron varios estados europeos contra Francia, instituíndo severas persecucións contra todos os sospeitosos de simpatizar coa causa revolucionaria francesa.

En 1796, Napoleón Bonaparte invadiu Italia e venceu con facilidade as tropas austríacas e os febles gobernos locais. En 1798, os franceses ocuparon Roma e os xacobinos crearon a República Romana. Fernando IV de Nápoles enviou un exército para frear os franceses. Nun primeiro momento, o xeneral napoleónico Championnet retirouse de Roma, permitindo que o Rei Fernando IV entrase triunfalmente. Pero logo Championnet contraatacou e o exército napolitano non foi quen de resistir e retirouse cara a Nápoles, entregando aos franceses todas as fortalezas dos territorios setentrionais do Reino, incluíndo Gaeta.

O 8 de decembro de 1798, Fernando IV realizou desde L'Aquila unha proclama pola que chamaba os cidadáns a defenderen o reino. Na súa marcha cara a Nápoles, Championnet atopouse cunha forte resistencia de campesiños no Abruzzo e Lazio destacando a que organizou Michele Pezza, alcumado Fra Diavolo.

Finalmente, os franceses chegaron ata as portas de Nápoles. O 22 de decembro de 1798, El-Rei abandonou a capital meridional para trasladarse a Sicilia. A cidade ficou practicamente indefensa, a excepción dos Lázaros. A resistencia foi eficaz, segundo recoñeceu o propio xeneral Championnet, pero inútil. Os defensores foron bombardeados polos mesmos napolitanos xacobinos que finalmente lograron tomar o Castel Sant'Elmo. Esta contenda, próxima a unha guerra civil, custou a vida de 8.000 napolitanos e 1.000 franceses.

O 22 de xaneiro de 1799, un grupo de napolitanos xacobinos entre os cales estaban Mario Pagano, Domenico Cirillo, Nicola Fasulo, Carlo Lauberg e Giuseppe Logoteta proclamaron no Castel Sant'Elmo a República Partenopea. Este novo estado caracterizouse por estar controlado polos franceses e non ter apoio popular. A república non tivo éxito nas provincias, porque a xente quería a Fernando e reclamaba a monarquía. A finais de xaneiro, o cardeal Fabrizio Ruffo viaxou a Palermo para presentar ao rei Fernando un proxecto de reconquista do Reino de Nápoles. Aceptado o plan, o cardeal volveu a Nápoles onde contou co apoio dos napolitanos. Miles de homes preparáronse para loitaren contra os xacobinos en defensa dos Borbóns. Ruffo creou o Exército Católico Real, e o 13 de xuño de 1799, Fernando IV restaurou a monarquía borbónica.

Despois da vitoria en Austerlitz o 2 de decembro de 1805, Napoleón entrou en Italia e dominou definitivamente Nápoles, declarando a fin da dinastía Borbón e nomeando rei o seu irmán Xosé Bonaparte. Fernando volveu escapar a Sicilia e realizou un protectorado con Gran Bretaña. En 1808, Napoleón conseguiu a abdicación dos últimos borbóns reinantes en Europa: Carlos IV e Fernando VII de España. Xosé Bonaparte marchou a España para reinar e sucedeuno en Nápoles Xaquín Murat, que gobernou ata maio de 1815.

O congreso de Viena e o Reino[editar | editar a fonte]

El Congreso de Viena, por Jean-Baptiste Isabey, 1819.

Tras 20 anos de guerras entre a Francia napoleónica e o resto das nacións europeas, o congreso de Viena, iniciado no 1814 e terminado no 1815, baseou a reorganización do vello continente no principio de lexitimidade polo que se devolvían as terras aos seus antigos monarcas. En Italia esta política aplicouse con moita elasticidade: a República de Xénova foi agregada, contra a súa vontade, ao Reino de Piemonte-Sardeña para formar un estado máis forte que frease os franceses. A República de Venecia non foi restaurada. Malia ter contribuído á derrota de Napoleón, o reino meridional non só non obtivo os pretendidos señoríos papais de Benevento e Pontecorvo senón que perdeu o estratéxico enclave mediterráneo da Illa de Malta en favor de Inglaterra.

O rei Fernando pagou un caro prezo por recuperar o seu reino: renunciou a Malta o cal tamén impoñía unha redución do 10% sobre os dereitos aduaneiros de importación dos seus produtos.

O punto dos meus dereitos de soberanía sobre Malta debe ceder ao interese maior, o cal hoxe é recuperar o meu Reino de Nápoles. Fernando I das Dúas Sicilias

Tamén o Rei napolitano debeu asinar o 12 de xuño de 1815 un tratado secreto con Austria polo cal se comprometía en non cambiar as institucións políticas do Reino e outorgarlle 25.000 homes (reducidos a trece mil o 4 de febreiro de 1819) en caso de guerra.

Consonte co que decidiu o congreso de Viena, Fernando emitiu un decreto polo cal unificaba os reinos de Nápoles e Sicilia no Reino das Dúas Sicilias. Entre o 8 e o 11 de decembro do 1816, a constitución siciliana de 1812 foi substituída polos novos institutos parlamentarios independentes. O Reino de Sicilia deixou de existir e foi incorporado ao recentemente nado Reino das Dúas Sicilias: o rei asumiu así o título de Fernando I Rei do Reino das Dúas Sicilias.

Fernando I rei das Dúas Sicilias[editar | editar a fonte]

Fernando I das Dúas Sicilias.

Os efectos políticos da restauración post-napoleónica tiveron graves consecuencias nos reconstruídos estados preunitarios italianos, especialmente no Piemonte. Porén nas Dúas Sicilias non foi así, Fernando I e os seus ministros tiveron o mérito de deixaren intactas gran parte das innovacións dos franceses, así púxose á cabeza dunha modernizada monarquía administrativa. O que si cambiaron foron as relacións coa Igrexa, que volveron ser boas.

Persino Tito Manzi, quen foi un expoñente do goberno de Murat, declarou que malia a presenza de tropas austríacas no reino ata 1817, Nápoles distinguiuse no cadro da Restauración, como a única capital italiana onde se atinxiu con éxito acrecentar a forza do Goberno. Ademais púidose concentrar firmemente o poder nas mans do soberano e organizar asemade administracións eficientes e funcionais, dar forza ao estado e reducir os privilexios do clero e da nobreza.

O 1 de xullo de 1820, coa noticia de que en España se restaurara a Constitución de 1812, en Nola rebeláronse pedindo a Constitución un grupo de militares entre os cales estaban Michele Morelli e Giuseppe Silvati. A revolta foi apoiada por outros xenerais, como Guglielmo Pepe. Fernando viuse forzado a conceder a constitución tomando o exemplo de España e nomeou como seu vicario o seu fillo Francisco. O 1 de outubro comezaron os traballos do parlamento escollido a finais de agosto, no cal prevaleceron os ideais burgueses introducidos polos franceses. Entre os actos do Parlamento atópanse a reorganización da administración das provincias e comunas e medidas sobre a liberdade de prensa e de culto.

As novidades introducidas nas Dúas Sicilias non foron de agrado para as potencias europeas dado que rompían o acordado no Congreso de Viena. É por isto que Francisco foi convocado a Liubliana polas potencias da Santa Alianza. Após o Congreso de Liubliana o reino foi invadido polas tropas austríacas, que en marzo de 1821 derrotaron o exército constitucional napolitano comandado por Guglielmo Pepe. Fernando decidiu non pelexar máis para restablecer a orde no reino e non comezar unha guerra con Austria. O 23 de marzo, Nápoles foi ocupada, a constitución foi revogada e comezaron as represións.

Obras públicas e reformas[editar | editar a fonte]

Fernando I organizou a construción da Igrexa de San Francisco de Paula na Piazza Plebiscito que nese entón era chamada Piazza Largo di Palazzo.

Fernando I, como rei das Dúas Sicilias encargouse de construír edificios tanto para a familia real como para o pobo. Construíronse dous cemiterios para todas as clases sociais en Palermo e en Nápoles e ampliáronse varias rúas napolitanas. Restaurouse o Palacio Real de Nápoles e rematáronse os palacios de Caserta e de Portici comezados polo seu pai Carlos.

Tamén construíu observatorios en Nápoles e Palermo, fundou a Academia das Belas Artes e das Ciencias en Nápoles en 1778 e creou unha biblioteca en Palermo. En 1779 construíu a fábrica de Granili e o ano seguinte a Vila Real. Durante o seu reinado tamén se fixeron os teatros de Fiorentini, do Fondo e de San Fernando.

Durante o seu reinado, as Dúas Sicilias convertéronse nun dos centros culturais máis importantes de Italia e de Europa. Creáronse escolas de balde en cada comuna e no 1779 transformouse a Casa dos Xesuítas de Nápoles nun orfanato. Creáronse as universidades de Catania no 1778 e a de Palermo no 1779. Fernando tamén organizou a construción do xardín botánico de Palermo, o porto de Nápoles, o Palacio Real de Cardito e a famosa igrexa de San Francisco de Paula en Nápoles. Ademais construíu pontes, canalizou ríos e no 1790 saneou o Golfo de Nápoles.

Neste período o reino viviu a prosperidade económica: reducíronse os impostos, creouse a Bolsa de cambio e emprendéronse moitos novos comercios, entre os cales estaba a pesca de corais.

O problema siciliano[editar | editar a fonte]

Klemens Wenzel Lothar von Metternich (Coblenza, 15 de maio de 1773 - Viena, 11 de xuño de 1859) Conde e príncipe de Metternich-Winneburg. Político e diplomático austriaco.

A creación do Reino das Dúas Sicilias, ou sexa, a perda de independencia de Sicilia, sentou moi mal aos sicilianos. Desde os tempos da dominación aragonesa negáranse ao sometemento fronte a gobernos napolitanos; ademais Sicilia perdeu a súa constitución do 1812, inspirada no modelo inglés.

Este feito exacerbou os ánimos contra os napolitanos, porque en realidade, o organismo parlamentario remontábase ao tempo dos normandos, do cal os sicilianos estaban orgullosos e ao que tamén todos os reis que gobernaban a illa xuraban fidelidade. Aínda que en realidade, este parlamento non tiña nada de democrático, representaba a vontade dos nobres e xeralmente era manipulado polos soberanos.

As relacións entre os reis borbónicos e os baróns sicilianos foron cordiais ata o 1780, cando dado o pulo do absolutismo reformador cos ideais do ilusionismo[Cómpre referencia], o rei de Nápoles, Fernando IV enviou á illa ao marqués Domenico Caracciolo para reducir o poder de Sicilia. A partir de entón aumentaron as desconfianzas recíprocas entre os napolitanos e os sicilianos: en 1778 foron limitados os dereitos de transmisión hereditaria dos feudos, o 4 de maio de 1789 a servidume foi abolida e no 1790 foi aprobado un proxecto dun novo catastro, que debía ser a base dun sistema fiscal que reducía os privilexios dos baróns.

Durante a ocupación francesa do Reino de Nápoles, o soberano refuxiouse en Sicilia coa protección do Reino Unido. En 1812 foi abolido o feudalismo e foi promulgada unha nova constitución segundo o modelo inglés. Gran Bretaña, promotora da transformación da monarquía absoluta en monarquía constitucional desexaba apoderarse da illa. O enviado inglés Lord Bentinck negociou cun enviado de Murat na illa de Ponza que o soberano francés se mantería no poder aínda que caese Napoleón, a cambio de que Sicilia fose cedida a Gran Bretaña.

Tras o congreso de Viena, o austríaco Klemens Wenzel von Metternich defendeu a restitución de Fernando I para favorecer aos intereses de Austria no territorio meridional. A cambio do seu empeño persoal para que Sicilia ficase en poder de Fernando, Metternich pediu á casa de Borbón dous millóns de francos. O rei napolitano quixo pagar só 1.200.000, pero o diplomático austríaco non aceptou porque o seu patrimonio familiar fora dilapidado polo seu pai. Gran Bretaña conformouse con posuír soamente Malta, polo feito de que a península itálica estaba influenciada por Austria. O importante para Gran Bretaña era evitar a influencia francesa sobre a rexión.

Os sicilianos non estiveron de acordo coa nova lei de Fernando I, que reservaba para el mesmo case todas as responsabilidades administrativas da illa. Tamén o clero estaba en contra da monarquía napolitana e posuía unha representación política de 65 membros no parlamento establecido pola constitución de 1812.

En 1819 a lexislación administrativa, centralizada e antifeudal foi incorporada tamén en Sicilia pero atopou moitísima resistencia por parte da nobreza. Só en 1838 se puido abolir o carácter patrimonial das terras dos baróns dando fin ao feudalismo.

Fernando II rei das Dúas Sicilias[editar | editar a fonte]

Fernando II, Rei das Dúas Sicilias.

Nos anos seguintes ao período napoleónico o Reino das Dúas Sicilias, guiado por Fernando I e sucesivamente polo seu fillo Francisco I, continuou afectado pola influencia de Austria e Gran Bretaña. So no reinado de Fernando II o reino converteuse nun Estado realmente independente, aínda que Francia, Austria e Gran Bretaña buscaron mantelo nas súas esferas de influencia, debido á posición estratéxica da península no centro do Mar Mediterráneo.

Aconteceulle no 1830 ao seu pai Francisco I, que gobernara desde 1825 (no 1830 morre Fernando I sucédelle o seu fillo Fernando II). Fernando II, con só 20 anos, amosaba xa unha forte personalidade que marcaría os seus 30 anos de reinado.

Aos poucos meses decidiu continuar o programa de resaneamento financeiro comezado polo anterior Primeiro Ministro Medici: aboliu os montes de máis contribucións, diminuíu drasticamente os seus privilexios e baixou os impostos. Feito isto, deu un forte pulo á economía: construíu rúas, pontes e vías férreas, realizou un gran número de acordos comerciais, os máis importantes con Gran Bretaña, Francia, Rusia, o Reino de Sardeña, Estados Unidos, Dinamarca e Prusia. Mandou párrocos ás comunas onde non había escolas para difundir unha educación básica para o pobo; prohibiu a mendicidade mandando á meirande parte dos mendigos a institutos onde se lles ensinaba un oficio.

Así mesmo, potenciou o exército e a mariña co obxectivo de afirmar definitivamente a independencia do sur das potencias estranxeiras. Comezou a afirmar a súa presenza militar con dúas demostracións da frota nas costas africanas, que convenceron, no 1833 a Tunisia e no 1834 a Marrocos, a non obstaculizaren máis, o comercio da frota mercantil meridional, como viñan facendo durante séculos.

O intento constitucional[editar | editar a fonte]

Bandeira do Reino constitucional das Dúas Sicilias (1848).

O 29 de xaneiro de 1848, Fernando II foi o primeiro soberano italiano en conceder a constitución (promulgada o 10 de febreiro) dada a grave revolta siciliana pola independencia iniciada a finais de 1847 e pola insistencia dos liberais napolitanos.

Non foi estraño que as Dúas Sicilias fosen o primeiro estado constitucional italiano, o sur estaba á vangarda dos pensamentos liberais italianos, quedando demostrado nas constitucións do 1812 e do 1820, as primeiras de Italia. Toda a prensa liberal italiana aplaudiu a Fernando II e en Turín dúas mil persoas con bandeiras marcharon diante da residencia do cónsul das Dúas Sicilias para felicitalo. O que pensaba distinto era o seu rei, Carlos Alberto que declarou:

Non son como aquel Borbón, que aceptou as demandas dos insurxentes, facendo a cousa máis destrutiva que se poida imaxinar
Carlos Alberto

Con esta Constitución, formouse un Parlamento con dúas cámaras: unha de 164 membros elixidos polo pobo e outra de 50 pares elixidos polo rei. O 18 de marzo agregouse o adxectivo constitucional ao nome do Reino no Diario Oficial.

O 3 de abril a bandeira das Dúas Sicilias (branca co escudo Borbón no centro) incorporou un bordo verde e vermello. A pesada e case infantil festividade dos napolitanos provocou grandes estragos. As rúas de Nápoles víronse ateigadas de desfiles case cotiáns cada vez máis inflamados. Publicáronse unha gran cantidade de xornais, a maioría escritos por inexpertos, que discutían como melloraren a nova Constitución.

As eleccións celebráronse o 18 de abril pero a afluencia ás urnas foi escasa. O luns 15 de maio, en coincidencia coa apertura do primeiro Parlamento, no Palacio Comunal de Monteoliveto di Napoli, un grupo de deputados revolucionarios liderados por Giovanni La Cecilia e Pietro Mileti declararon insatisfactoria a Constitución apenas proclamada. Propuxeron modificacións como a abolición da Cámara dos Pares e negáronse a prestar xuramento ao rei. En realidade querían remover a monarquía e proclamaren a república.

Fernando II fixo moitos intentos de conciliación cos rebeldes; pero era un rei educado cos ideais do absolutismo as súas accións foron autocontroladas, e non cedeu ás provocacións.

As tentativas de acordo cos revolucionarios foron freadas polos rumores no Parlamento de que tropas do rei estaban marchando cara á asemblea, cousa que era completamente falsa. O rei mandou emisarios para verificar a incompetencia dos acusadores pero non serviu de nada: Foron colocadas arredor de 90 barricadas nas rúas de Nápoles e milleiros de militares que estaban de servizo fóra do Palacio foron atacados, houbo mortos e feridos. Só despois destes actos, a mañá do 16 de maio, o rei ordenou parar. Un comandante prometía eliminar os canallas do país, o rei respondeulle:

Estea calmo señor, e non chame canalla ao pobo. Son napolitanos, son os meus campesiños, os meus súbditos. Un elemento nocivo exasperounos, mais trátase sempre do meu pobo! Se se deixa levar pola paixón será unha masacre, e iso é o que quero evitar a todo custo. Tome prisioneiros mais non fusile, nas rúas hai moita xente que mañá estará arrepentida do seu erro. Fernando II

Porén, houbo moitas vítimas e devastación, aínda que os deputados antimonárquicos non sufriron dano ningún.

O 15 de xuño celebráronse novas eleccións que tamén tiveron escasa participación cidadá. O 25 de maio limitouse a liberdade de prensa porque infundía rumores falsos entre a poboación e moitos xornais eran antimonárquicos.

Unha serie de acontecementos producidos o 15 de maio provocaron unha forte oposición ao goberno do rei. Dende entón, produciuse un conflito goberno-rei que continuou ata o 12 de marzo de 1849, prometendo novas eleccións que nunca se concretaron.

Ao final de marzo, Fernando II ofreceu a Sicilia un Parlamento, un vicerrei propio e amnistía ós revolucionarios. Isto non foi abondo para os sicilianos, pois o berro de guerra escoitábase xa entre os membros da Cámara siciliana. O rei mandou un exército, e en setembro de 1848 mandara parte da súa frota, a terceira máis grande do mundo. O exército ocupou a illa e houbo 1.500 soldados napolitanos mortos, non se sabe cántos sicilianos.

Dende os acontecementos do 15 de maio de 1848, o rei, previamente louvado polos liberais comezou a recibir alcumes como Monstro Coroado, Tigre Borbón, Calígula de Nápoles e sobre todo Rei Bomba. Cómpre aclarar que as insurreccións eran moi comúns nos estados europeos da época.

O 19 de maio de 1849 volveuse usar a tradicional bandeira branca co escudo Borbón e a constitución foi suspendida pero non derrogada. Así fallou o primeiro intento constitucional de Italia.

As Dúas Sicilias no contexto italiano[editar | editar a fonte]

Estados separados da península italiana.

Precísase volver ós tempos do emperador romano de Oriente Xustiniano I para atopar unha Italia unida. Dende a invasión dos longobardos no 568 rómpese a unidade política e durante 1.300 anos xeráronse diversas nacións. Mentres o Norte dividíase en pequenos e cambiantes estados ou era conquistado por varias potencias, o sur continental dende o ano 1000 coa invasión normanda, viuse unido. No Sur existiu un forte nacionalismo na nación napolitana, coa súa cultura, identidade bandeira e himno propio.

Por este motivo non existía a idea dun estado italiano ao nivel popular, por exemplo nas Dúas Sicilias chamábase estranxeiros ós outros italianos da península.

A mediados do século XIX existían na península 7 estados, dos que 3 eran completamente libres: O reino das Dúas Sicilias, que era o máis grande e máis próspero, o Reino de Sardeña e os Estados Pontificios. Os outros catro eran dominados directa ou indirectamente por Austria: O Reino Lombardo Veneto, os ducados de Parma e Módena e o Gran Ducado de Toscana.

A lingua oficial en tódolos reinos preunitarios era o italiano salvo no Piemonte Sardeña onde era o francés, pero en realidade na península non existía unha lingua común, os italofalantes en 1861 eran só o 2,5% da poboación segundo T. De Mauro ou o 9,5% segundo A. Castellani, destes, os toscanos eran a maior parte, dado que o italiano naceu alí. No Piemonte falábase, escribíase e pensábase en francés, os franceses considerábanos como verdadeiros compatriotas.

En Italia non había un comercio integrado, só o 20% do total o era entre os estados peninsulares, pódese dicir que a relixión era o único en común entre os italianos.

A Fernando II de Borbón, foille solicitada en varias ocasións a presidencia dunha hipotética Liga de Estados italianos, xa no 1831, liberais italianos reunidos no congreso de Boloña decidiron ofrecer ó rei de Nápoles a coroa de Italia, porque o consideraron o máis aberto ós seus ideais. No 1832 Fernando II intentou en dúas ocasións, chegar a un acordo co Reino de Sardeña para abolir a influencia estranxeira na península. O goberno piemontés negouse porque fixera un acordo con Austria, un tratado defensivo que lle bastaba para sentirse seguro ante eventuais ataques. Esta proposta do rei meridional caeu moi mal a Viena e foi interpretada como unha ofensa antiaustríaca. Moitos dos que desexaban a unificación de Italia apoiaban o rei napolitano, por exemplo o mazziniano Attilio Bandiera comunicoulle a Fernando II as súas ideoloxías republicanas pero tamén a súa dispoñibilidade a seguilo se se convertía no soberano constitucional de toda Italia.

As Dúas Sicilias na primeira guerra de Independencia[editar | editar a fonte]

Austria exercía unha hexemonía sobre gran parte de Italia: o 24 de abril do 1847 advertiu, nunha nota diplomática, ao Gran Ducado de Toscana a non conceder reformas na súa forma de política. O 17 de xullo ocupou Ferrara, acción formalmente legal polo Tratado de Viena. A este xogo de supremacía política sumouse o Reino Unido, ao enviar a Lord Minto para intimidar a Austria. A resposta dos Habsburgo foi a ocupación militar dos ducados de Parma e Módena, estando así máis preto da Toscana e dos Estados da Igrexa.

Pero xa en agosto, o papa Pío IX tomou a iniciativa de formar unha Liga Aduaneira entre os estados de Italia, tomando como exemplo aquela dos estados alemáns de 1833 (o Zollverein). En novembro firmouse un proxecto de entendemento entre Roma, Florencia e Turín e houbo contactos con Nápoles e Módena para lograren tal proxecto.

Ilustración dun enfrontamento durante as cinco xornadas de Milán.

O momento crucial para poñer a proba os proxectos de unión federal italiana foi o ano 1848: o 13 de marzo, en Viena, produciuse unha insurrección pedindo a constitución, e o mesmo sucedeu, entre o 18 e o 22, en Milán, por aquel entón baixo o dominio austríaco; este último episodio é coñecido como as cinco xornadas de Milán. O comandante austríaco en Milán, Radetzky, tivo que saír da cidade e os revolucionarios pediron axuda ao rei piemontés Carlos Alberto de Savoia para librárense completamente dos austríacos. O 24 de marzo de 1848 o Piemonte declarou a guerra a Austria dando comezo á primeira guerra de independencia italiana.

O 26 de marzo o ministro de exterior das Dúas Sicilias solicitou a convocatoria dun congreso en Roma, apoiando o proxecto dunha Liga Política italiana. Neste congreso, o representante piemontés solicitou axuda militar. O 7 de abril Fernando II declarou a guerra a Austria e enviou ao norte un exército de 16.000 homes, comandados polo xeneral Guglielmo Pepe. O 20 de abril a ruptura entre as Dúas Sicilias e Austria era completa. Cando as naves duosicilianas partiron de Sicilia, os sicilianos, dende os fortes disparábanlles, como demostración de que consideraban que o seu verdadeiro inimigo hereditario era Nápoles e non Viena.

O gran duque de Toscana, Leopoldo II enviou 3.000 soldados e dos Estados Pontificios partiron 7.000 soldados e 10.000 voluntarios. Os duques de Módena, Parma e Piacenza decidiron unirse ao Piemonte, e Venecia proclamou a república, separándose de Austria.

Pío IX, último soberano temporal dos Estados Pontificios.

Neste momento víase a posibilidade de unir a Italia mediante unha Liga de Estados unidos, sobre este tema, o sumo pontífice, Pío IX declarou:

Eu non só aprobo a liga, recoñézoa necesaria; por iso convidei ós soberanos de Nápoles, Toscana, e de Cerdeña para concluíla; desgraciadamente o goberno de Turín móstrase obstaculizador.

Os delegados piemonteses nunca foron a Roma, o proxecto da liga debía ser freado porque o seu rei tiña outros plans: queríase converter el, ou un dos seus sucesores, no único Rei de Italia.

Despois de días de inútil espera, o 4 de maio trala suspensión das tentativas dunha liga política, a delegación meridional retirouse e o mesmo día o xeneral Pepe embarcouse cara ó Norte. Era un dos poucos entusiastas, dado que nin os outros xenerais, nin os soldados o eran: no sur non eran populares nin a guerra, nin o nacionalismo, nin a mesma independencia italiana; o pobo xa se sentía libre había moito tempo.

Após a insurrección antimonárquica do 15 de maio de 1848, Fernando II ordenou, o 22, ao exército meridional terrestre e marítimo regresar ao país, moi preocupado polas revolucións independentistas en Sicilia. Por iso foi moi criticado polos liberais da época, pero había que considerar dous factores: non había ningún pacto entre o Reino de Cerdeña e as Dúas Sicilias, polo que en caso de derrota piemontesa, Austria podería invadir o sur; mentres que en caso de vitoria, o reino meridional non obtería ningún beneficio, pero perdería homes e gastaría cartos. Sumado a isto, en medio dunha revolución, se mantiña as tropas alí arriscábase a perder Sicilia.

Porén, as operacións no norte estaban nunha situación favorábel e os soldados meridionais contribuíron de forma decisiva ás vitorias de Cuartone e Montara do 29 de maio, e á de Gioto do 30, a pesar da inferioridade numérica, polo que o belicoso Guigliermo Pepe desobedeceu a orde do rei e permaneceu na zona de conflito cunha moi pequena porción do exército que o seguira.

Mentres, o 29 de maio realizouse unha votación para a unión de Lombardía ao Piemonte (561.000 votos a favor e 681 en contra) que debía ser confirmada por unha asemblea constituínte nun futuro próximo. Tamén, o 11 de xuño as tropas pontificias, comandadas por Giacomo Durando foron derrotadas en Vicenza.

O continxente naval meridional estaba ao mando do almirante Raffaele de Cosa, que se negou a cumprir nunha primeira instancia a orde de retirarse. Ante unha nova orde de regresar á patria, recibida o 11 de xuño mentres se producía o bloqueo de Trieste (o porto austríaco máis importante) e dado que a maioría dos mariñeiros eran fieis ao rei, decidiu finalmente aceptar a orde e partiu a noite do 12.

Pero a guerra continuaba: os austríacos tomaron a ofensiva nas operacións e produciuse a derrota piemontesa de Custoza o 23 de xullo. Carlos Alberto de Savoia retirouse a Milán onde foi asediado polos propios milaneses no palacio onde se hospedaba e na metade da noite regresou a Turín.

Finalmente alcanzouse un armisticio polo que Austria recuperou moitas das súas terras, pero que, con todo, non outorgaba ningún beneficio ao Gran Ducado de Toscana, que combatera ata o final, o que poñía de manifesto que Carlos Alberte consideraba este primeiro enfrontamento contra Austria como unha guerra dinástica, utilizando os italianos para o seu propio beneficio. Piemonte perdeu gran parte da Lombardía e Radetzky volveu a Milán vitoreado pola poboación. Ao ano seguinte reanudáronse as hostilidades, pero os piemonteses foron vencidos definitivamente en Novara o 3 de marzo de 1849. Despois deste último fracaso, Carlos Alberte viuse obrigado a abdicar a prol do seu fillo Vitor Manuel II. As causas principais da derrota pódense atopar no retiro das tropas romanas e meridionais por un lado, e por outro, a que Carlos Alberte promovía o expansionismo piemontés en vez dunha confederación italiana.

A primeira guerra de independencia foi a única que logrou a participación de tódolos estados italianos. Trala derrota, perdeuse para sempre a posibilidade de lograr unha unificación italiana que garantise asemade a autonomía dos estados. Esta foi a principal causa da mala unificación dos piemontesas, realizada coa forza.

A calumnia como arma política[editar | editar a fonte]

William Gladstone (Liverpool, 29 de decembro de 1809 - Hawarden, 19 de maio de 1898) Primeiro Ministro do Reino Unido en catro ocasións: de 1868 a 1874, de 1880 a 1885, en 1886, e de 1892 a 1894.

A partir da crise diplómatica co Reino Unido denominada a cuestión do xofre, este reino practicou unha política desestabilizante en contra das Dúas Sicilias. William Gladstone foi enviado polo seu goberno para seguir o proceso que debería ter sucedido nas Dúas Sicilias cós membros adheridos á sociedade secreta Unidade de Italia. As súas actividades eran a difusión de ideas antimonárquicas, que invitaban á desobediencia civil.[2] Por exemplo, en setembro de 1849 explotou unha bomba diante do Palacio Real de Nápoles cando se celebraba unha festa pola chegada do Papa Pío IX, que tivo que fuxir de Roma a causa da instauración da República Romana. Nestes feitos houbo 42 imputados, dos cales os primeiros 3 foron condenados a cadena perpetua, outros 2 mandados a prisión por 30 anos e o resto de menor importancia no feito, foron condenados ao exilio.

Gladstone regresou a Londres en 1851 e reuniuse có primeiro ministro Lord Palmerston e mostroulle cartas súas enviadas ao ministro de exteriores Lord Aberdeen nas que etiquetábase ó reino do sur como a negación de Deus e falaba sobre as malas condicións nos cárceres napolitanas. Estas cartas esaxeraban o absolutismo borbónico, e cando foron publicadas provocaron ainda mais revolucións. Despois da unificación italiana, Gladstone confesou que as escrivira por encargo de Lord Palmerston, que él non vira ningún cárcere e que fixera caso ó que comentaban os revolucionarios.[3]

En realidade, moitos británicos maravillábanse vendo as boas condicións dos exiliados meridionais que chegaban ó Reino Unido. O sistema xudicial meridional foi recoñecido polos estudiosos coma o mais avanzado da Italia preunitaria. Exemplos son a Escola meridional de dereito, o Código Penal de 1819, e que os maxistrados eran elixidos por concurso e non por vontade do rei.

No Reino de Piamonte-Cerdeña a realidade era moi distinta: se se asume a pena de morte como índice de violencia dun réximen, reino sardo é o mais brutal, e cando os liberais chegaron ó poder, as execucións aumentaron en gran medida. Era un reino violento, endeudado e cunha altísima taxa de criminalidade.[4]

O camiño hacia a unidade[editar | editar a fonte]

O expansionismo piamontés[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Unificación de Italia.
Retrato de Camillo Benso, conde de Cavour (Turín, 10 de agosto de 1810 - 6 de xuño de 1861), obra de Francesco Hayez.

Despois da derrota da primeira guerra do Piamonte contra Austria en 1848 e mais en 1849, esta última continuou exercendo o seu poder sobre a península. Pero Napoleón III, emperador de Francia, realizou unha política de intentar expulsar aos Habsburgo de Italia, favorecendo os desexos expansionistas do Piamonte. Gran Bretaña, que xunto con Francia dominaban o norte de África, non querían que Napoleón III extendera a súa influencia na península para ter maior control do Mediterráneo.[5]

Camillo Benso, conde de Cavour obtivo o cargo de Primeiro Ministro en 1852 e comezou o seu obxectivo expansionista buscando apoio nas potencias (Francia e Gran Bretaña). Estas duas, xunto có Imperio otomano, entraron en guerra con Rusia en 1854 na Guerra de Crimea. Os ingleses pediron ao Piamonte o envío de tropas e Cavour aceptou mandar 18.000 soldados. No Sur, Fernando II declarouse neutral no conflito e negou a Inglaterra e Francia o uso dos portos meridionais como base de operacións de guerra; esto provocou a ira das duas potencias.

O expansionismo piamontés, ben enmascarado có ideal unitario, desenvolveuse despois do Congreso de París en 1856 celebrado ao finalizar a Guerra de Crimea. Entre o Reino Unido e Piamonte decidiuse que debíase ocupar Nápoles e deuse a posibilidade que Inglaterra puidese comprar Sicilia despois da conquista.[6]

Entre Napoleón III e o rei piamontés Víctor Manuel II comezáronse os preparativos para a guerra contra Austria, e acordouse que Piamonte anexionaríase Lombardía, Véneto, Módena e Parma, e como compensación Francia recibiría Saboia e Niza. O 23 de abril, Austria deu un ultimátum de 3 días a Piamonte pedindo o desarme. Francia e Piamonte non quixeron atacar primeiro a Austria, para que os Habsburgo quedasen ante Europa como os agresores. O 29 de abril de 1859, o exército austríaco, ao mando do xeneral Ferenc Gyulai, atravesou o río Ticino e invadiu o territorio piamontés dando comezo á denominada Segunda guerra de Independencia. Tras esta guerra expulsáronse aos duques de Toscana, Parma e Módena, cuxos territorios foron anexados ao Piamonte.

Francisco II rei das Dúas Sicilias[editar | editar a fonte]

O 22 de maio de 1859, despois de 30 anos de reinado, morreu Fernando II. Herdou o trono o seu fillo de 23 anos, Francisco II, o cal non tiña suficiente experiencia, cun carácter moi débil e moi tímido.[7] Francia e Inglaterra reanudaron a diplomacia e mandaron a Nápoles representantes para atraer ao novo rei á súa esfera de influencia política: pedíanlle a reactivación da monarquía constitucional e intervir nas súas guerras. Pero Francisco tiña moi en claro a frase do pai Constitución igual a revolución e tampouco quería aliarse co Piamonte.

O 7 de xuño, turbado polas manifestacións dos liberais napolitanos que querían entrar en guerra ao lado do Piamonte, Francisco II nombrou como presidente do Consello e ministro de guerra a Carlo Filangieri unha figura militar e política de primeiro nivel coñecido e respectado mundialmente. A negativa do rei a conceder a Constitución e aliarse co Piamonte foi determinante para a cercana caída do reino, foi a última esperanza para que o territorio meridional se salvase dunha unificación á forza.

Pola súa parte, Gran Bretaña aconsellaba a neutralidade ao rei napolitano, porque tras unha victoria de Napoleón III, Francia extendería a súa influencia tamén ao sur. Isto deu lugar a unha política de illamento do Reino das Dúas Sicilias nun contexto europeo plagado de alianzas estratéxicas.

Pero despois da vitoria franco-piamontesa na segunda guerra de independencia, o Reino Unido viuse obrigado a cambiar a súa política: a Confederación Italiana tiña o risco de ser dominada por Francia, a cal saíra vencedora. En cambio, tíñase que lograr un Estado italiano unido para frear a influencia francesa na península.[8] É por iso que Inglaterra enviou representantes para lograr a unificación a toda costa.

Sen a axuda de Palmerston, Nápoles sería agora borbónica e sen o almirante Mundy non tería podido xamáis cruzar o estreito de Mesina
Giuseppe Garibaldi na súa viaxe a Inglaterra en 1864.[9]

A invasión e caída do reino[editar | editar a fonte]

As rebelións en Sicilia[editar | editar a fonte]

Xa en 1820, e despois en 1848, déronse en Sicilia as primeiras revolucións, pois na illa case non existían os ideais unitarios (sólo os intelectuais eran mazzinianos) e queríase por riba de todo a liberación do dominio napolitano.[10] Chegouse a proclamar, o 13 de abril de 1848 a deposición de Fernando II e ofreceuse a coroa á Casa de Saboia, que se negou por que Fernando enviou unha carta ao Piamonte ameazando cun conflito armado.

Sen embargo, baixo o goberno Borbón, Sicilia gozaba de excepcionais privilexios: os impostos eran baixos, non existía o servicio militar obrigatorio e a vida e mais a propiedade eran seguras. As rúas de Sicilia eran tan seguras como as do norte de Europa.[11] Na década de 1850 construíron mais avenidas, ampliáronse os portos, creáronse escolas e hospitais; a pesar de todo isto, os sicilianos estaban descontentos e querían a autonomía respecto á parte continental do reino. A forte presenza comercial e financeira inglesa xenerara unha difusa anglofilia e barallouse a posibilidade de independizarse baixo un protectorado inglés. Esta proposta foi ben recibida en Londres pero Napoleón III de Francia declarou que se Gran Bretaña entraba en Sicilia, comezaría unha guerra.[12]

Pola súa parte, Mazzini incitaba as rebelións dos sicilianos e reuníase no norte con enviados dos rebeldes que viñan pedir axuda. Para o Reino de Sardeña, este clima era perfecto para comezar a conquista do sur.

A expedición dos Mil[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Expedición dos Mil.
Partida de Quarto, pintura exposta no Museo Nacional do Resorgimento, Turín.

Giuseppe Garibaldi, coa chamada "Expedición dos Mil", foi quen conquistou o Reino das Dúas Sicilias. O 6 de maio de 1860 zarpou da praia de Quarto (Provincia de Xénova) con 1.033 homes, na súa maioría veteranos das guerras de independencia[13] en dous barcos de vapor cara á illa.

O 11 de maio desembarca en Marsala, Sicilia, entre dúas naves inglesas que cubrían a manobra, con 20.000 homes. En Marsala, os camisas bermellas (así eran chamadas as tropas de Garibaldi) non recibiron o apoio esperado, pero o exército aumentou grazas aos sucesivos desembarcos do exército sardo piamontés. Garibaldi venceu ao exército borbónico na Batalla de Calatafimi a pesar da superioridade numérica dos adversarios e do desenvolvemento inicial que favorecía a éstes. Señalouse que o xeneral borbónico Landi fora convencido de retirar as súas tropas polos piamonteses, dándolle cartos e prometéndolle un cargo importante no exército italiano.[14]

Despois, tomou a cidade de Palermo, cruzou o estreito de Messina e entrou no continente. Seguiu avanzando con pouca resistencia ata Salerno, cidade moi cerca de Nápoles. Sólo neste momento o rei Francisco II percatouse do perigo que corría. Decidiu retroceder a línea de defensa ao río Volturno, ubicado ao Norte de Nápoles, para evitar o asedio da capital do reino. Garibaldi entra na cidade aclamado poa multitude, que según as fontes históricas, foi obrigada a vitorealo por infiltrados piamonteses que lles daban cartos a cambio, os que se negaban eran obrigados a permanecer nas casas por temor a represalias.[15]

Garibaldi proclamouse dictador das Dúas Sicilias, o Palacio Real de Nápoles foi totalmente saqueado, os obxectos mais preciosos foron enviados a Turín, outros vendidos ao mellor postor. O 11 de setembro o ouro da Tesorería do Estado, patrimonio da Nación, (equivalente a 1.670 millóns de euros), e os bens personais do rei (equivalentes a 150 millóns de euros) todos depositados no Banco de Nápoles, foron sacados e proclamados bens nacionais.[16]

Xa coa capital meridional tomada, o 8 de outubro, o goberno piamontés emitiu un decreto que convocaba un plebiscito, mediante sufraxio universal masculino en toda Italia, para ratificar a anexión ao Piamonte. O voto non foi secreto, en Nápoles e mais en todo o sur, declarábase inimigo da patria a quen votase polo Non, nas salas había gente armada que obrigaba a votar polo Sí. No sur había moita xente que lles facían crer que o SI significaba o regreso de seu rei Francisco II e ademais os soldados garibaldinos votaban varias veces.[17] Os resultados deron unha contundente vitoria a favor do Sí á anexión ao piamonte e foron usados como propaganda polo reino piamontés, querendo probar que o pobo quería unirse ao Piamonte, ser gobernados polo rei da casa de Saboia e abandonar a época de independencia e as catro xeracións da dinastía borbónica napolitana.

O Rei Francisco II, reorganizou o seu exército de 40.000 homes detrás do río Volturno, pero foi derrotado polos garibaldinos na chamada Batalla do Volturno. Debido ás baixas sufridas na batalla Garibaldi solicitou axuda militar ao goberno piamontés e Francisco II quixo aproveitar o estancamento dos garibaldinos para volver a atacar; pero os xenerais aconselláronlle reorganizar as forzas e entón retirouse de Capua a Gaeta.

Alí, o rei Francisco II, cos seus últimos 20.000 soldados, foi asediado ata o 13 de febreiro de 1861 polo xeneral piamontés Enrico Cialdini con 18.000 soldados. A historia deste asedio impresionou vivamente á opinión pública europea, sobre todo polo comportamento heroico da raiña María Sofía de só 19 anos, a cal a pesar das bombas, arricou a súa vida para socorrer día e noite aos soldados feridos ou moribundos.[18]

Despois de meses de asedio, Francisco II deuse conta da imposibilidade da vitoria e empezou a barallar a opción da retirada. Ás 7 da mañá do 14 de febreiro de 1861, o rei e a raiña abandonaron Gaeta e embarcáronse nunha nave francesa que trasportounos a Terracina, nos territorios papais. Despois da retirada, o rei nunca abdicou, deixando para el e os seus herdeiros o título de Rei do Reino das Dúas Sicilias.

Ao caer Gaeta, só quedaban dúas fortalezas das Dúas Sicilias: Messina e Civitella del Tronto. A primeira caeu o 13 de marzo de 1861 pola acción das tropas de Cialdini. Civitella del Tronto, na provincia de Teramo, foi a última fortaleza das Dúas Sicilias e caeu o 20 de marzo, 3 días despois da proclamación do Reino de Italia.

As consecuencias da unificación[editar | editar a fonte]

O 17 de marzo de 1861, Víctor Manuel II asume o título de Rei de Italia pola gracia de Deus e vontade da Nación. Foi recoñecido polas potencias europeas a pesar de que violaba o tratado de Zurich e o de Villafranca que lle prohibían ser rei de toda Italia. Dende entón, dadas as novas políticas piamontesas, o sur comezou a sufrir grandes cambios:

O empobrecemento do sur[editar | editar a fonte]

No momento da unidade de Italia, os bancos mais importantes eran o Banco das Dúas Sicilias con 200 millóns de liras da época e o Banco de Milán con 120 millóns.[19] Durante os primeiros cinco anos, produciuse unha loita entre o Banco napolitano e a Banca Nacional (piamontesa). Pero mentras que este último abría sucursais en toda Italia, ao Banco de Nápoles éralle moi difícil abrir filiais no norte porque necesitaba obter a autorización estatal.

Antes da unificación, o Reino de Cerdeña tiña unha enorme débeda pública, pero trala anexión do sur o novo Estado italiano declarou bens nacionais ao ouro estatal depositado nas Dúas Sicilias, 2/3 da reserva áurea total de Italia. A isto súmaselle a nova política fiscal unitaria, que favorecía os intereses do norte ante os do sur: trala unificación surxiron novos impostos, sobre a agricultura, a industria, a edificación, o consumo que eran maiores no sur que no norte.[20]

O Estado distribuía desigualmente os subsidios ás provincias; por exemplo, nas obras hidráulicas para a agricultura, a actividade mais importante da Italia da época, atópanse os seguintes datos:

Subsidios para as obras hidráulicas na agricultura, cifras en liras (1862-1868)[21]

Región Subsidio
Lombardía 92.165.574
Véneto 174.066.407
Emilia-Romaña 103.980.520
Sicilia 1.333.296
Campania 465.553

Tamén a industria sufriu un grave revés: moitas fábricas meridionais foron pechadas: en 1861, no sur estaba o 51% das industrias italianas, mentres que en 1951, a porcentaxe reducírase ao 12,8%.[22] Isto provocou desemprego no sur, o que empobreceu ainda mais esta poboación. Despois da unificación surxiron as causas da actual pobreza do sur de Italia.

Os movementos separatistas[editar | editar a fonte]

Carmine Crocco, (Rionero in Vulture, 1 de junio de 1830 - Portoferraio, 18 de xuño de 1905) un dos artífices da revolución dos briganti.

Dende o edicto de Garibaldi do 2 de xullo de 1860, que declaraba bens nacionais moitas terras dos campesiños e durante varios anos seguintes, producíronse grandes revoltas pola independencia do sur que puxeron en dificultades ao recén nacido reino de Italia durante os primeiros anos unitarios. Os revolucionarios, moitos campesiños e pastores, outros ex soldados do reino fieis ao seu rei; foron chamados «briganti» (bandidos) porque practicaban guerras de guerrillas e realizaban saqueos. Estes eran apoiados con armas e provisións polo clero, que vía as súas igrexas profanadas polo goberno. Por esta política de expropiación piemontesa foi excomungado Víctor Manuel por Pío IX.

Esta violenta e espontánea contrarrevolución popular débese á fidelidade da poboación do sur á dinastía Borbón e sobre todo ao aumento dos impostos e á confiscación de terras por parte do novo goberno piemontés.

A revolta estalou en todo o sur a finais do 1861 e o Piemonte enviou a Nápoles a Enrico Cialdini dándolle poderes extraordinarios con un total de 120.000 homes. O xeneral piemontés enfrontouse a uns 80.000 revolucionarios divididos en case 500 bandas, o que facilitou o seu exterminio.[23] Así comezou unha das mais cruentas represións da historia italiana. O sur foi pasto de matanzas, devastacións, fusilamentos, detencións domiciliarias forzosas, saqueos de granxas, expropiación de terras e peche de industrias, o que provocou a ruína de gran parte da poboación meridional.

En 1870 instaurouse a lei marcial no ex Reino das Dúas Sicilias e as rebelións só se puideron sufocar cara o ano 1878. En todos estes anos morreron un total de 70.000 meridionais, en batalla ou fusilados, cifra que é moi superior á de tódolos caídos para lograr a unificación.[24]

Os movementos separatistas mantéñense hoxe reflectidos no Movemento neoborbónico o cal pretende a autonomía do Sur de Italia restaurando o histórico Reino das Dúas Sicilias.

A emigración meridional[editar | editar a fonte]

A emigración meridional despois da unificación, foi unha das mais grandes ondas migratorias de todolos tempos. A poboación do sur, derrotada e colonizada, non tiña outra opción que partir da súa patria hacia América. Os portos de Nápoles e Palermo foron os centros da emigración meridional.

Os destiños principais eran Estados Unidos e Arxentina. Ainda que a maioría dos inmigrantes eran agricultores tiveron que quedarse nas cidades traballando nos portos ou na minería.

Ao principio, o 85% da emigración proviña do norte de Italia, pero despois da unificación, a porcentaxe de meridionais empezou a aumentar progresivamente chegando ao 56%.

En 1900, chegouse á enorme cifra de 8 millóns de emigrantes italianos, dos cales 5 millóns proviñan do ex reino das Dúas Sicilias, Italia era o país de Europa con mais emigración. A emigración continuou tamén no transcurso do século XX; na década de 1950 emigraron uns 6 millóns de meridionais e na actualidade a diáspora continúa: cada ano uns 90.000 sureños deben abandonar as súas terras.

Economía[editar | editar a fonte]

Dende os tempos do rei Carlos, o Reino meridional viviu unha forte reactivación económica debido á total restauración da estrutura do reino, tanto política como económicamente. Sen embargo, a partir das revolucións do ano 1848 comezaron a notarse diferencias entre os valores previstos polo Estado e os reais, é dicir, os ingresos eran menores aos esperados, e os gastos maiores. Algúns anos entre 1848 e 1860 produciuse déficit fiscal na economía.

A pesar deste último retroceso, o Reino das Dúas Sicilias posuía no seu momento a mellor finanza pública de toda a península italiana, e concentraba, de feito, mais das dúas terceiras partes do total do ouro da península.

Finanza pública dos Estados italianos en 1860 (en millóns de liras-oro)[25]

País cantidad de liras-oro
Reino das Dúas Sicilias 443, 2
Estados Pontificios 90,6
Gran Ducado de Toscana 84,2
Reino de Cerdeña 27
Lombardía e Véneto* 20,8
Ducado de Parma 1,2
Ducado de Módena 0,4

(*)Bajo dominio austríaco

O Fernando I, primeiro buque a vapor italiano en cruzar o Mediterráneo, zarpou de Nápoles o 27 de setembro de 1818 e na súa primeira viaxe chegou a Livorno, Xénova e Marsella.

A moeda oficial do Reino das Dúas Sicilias era o ducato, que era a moeda mais forte da Italia preunitaria. Un ducato valía 10 carlini, un carlino era equivalente a 10 grana, o grana era equivalente a 2 tornesi, e este último a 6 cavalli.[26]

Con respecto ao comercio, As Dúas Sicilias mantiña un activo comercio con países de todalas partes do mundo. Foi o único Estado italiano preunitario en enviar buques mercantes a América e a Australia.[27] Isto debeuse á importancia da frota mercantil meridional, a mais numerosa de Italia e a cuarta do mundo, que constaba dúns 9.800 buques, o 80% do total da península.[28] A isto súmaselle que o primeiro barco a vapor italiano en navegar no Mar mediterráneo (1818), e mais o primeiro en chegar a América (1854), eran meridionais.[29]

Industria[editar | editar a fonte]

A industria era un sector moi importante no Reino das Dúas Sicilias. Na Exposición Universal de París (1855), o reino recibiu o premio ao terceiro país con maior desenvolvemento industrial do mundo, despois de Gran Bretaña e Francia. [25] Isto era posibel grazas á grande cantidade de reservas que o Estado posuía o que lle permitía levar a cabo políticas proteccionistas que favorecían á industria meridional en contraposición dos productos importados. [30]

A industria mais importante era a metalúrxica. No reino existían 100 industrias deste tipo, das cales destácase o centro industrial de Pietrarsa, o mais importante de Italia, onde traballaban mais de 1.000 obreiros.[31] Entre os logros mais importantes da industria metalúrxica meridional destácanse a fabricación da primeira locomotora italiana, inaugurada en 1836, e a primeira ponte de ferro de Europa continental, sobre o río Garigliano no 1833.

Outra industria moi importante do reino era a produción textil, a cal proporcionaba a segunda fonte de ingresos por exportación despois dos productos agropecuarios. Os produtos eran de algodón, lá, seda e coiro. A produción textil estaba diseminada por todo o reino, pero era Salerno a cidade mais importante. Alí traballaban mais de 10.000 obreiros, por esa razón era denominada A Mánchester de Italia.[32] Os produtos de coiro mais fabricados eran carteiras e lubas; estas últimas eran, despois dos ingleses, as mais abundantes no mercado europeo. En 1860 a produción chegou a ser de 850.000 unidades anuales.

Agricultura[editar | editar a fonte]

A agricultura era o sector mais forte da economía meridional. Con só o 36% da poboación de Italia e sen teren grandes chairas como a Po, no sur producíase o 50.4% do trigo, o 80.2% da cebada e avena, o 53% de patacas e o 41.5% de legumes de toda a península.[33] Cifras que debían moito ás políticas dos reis meridionais: xa o rei Carlos disminuiu considerabelmente os impostos e retencións do sector agropecuario para incentivar a produción.

Á súa vez, eran sumamente importantes as agroindustrias, das cales as principais eran a produción de pasta, de produtos relacionados co tomate e o aceite de oliva. Este último era exportado a todo o mundo e constituía a mitade das exportacións meridionais.[34]

Minería[editar | editar a fonte]

Mina de xofre en Sicilia

O produto mais explotado no Reino era o xofre, cuxos xacementos localizábanse en Sicilia. A explotación deste mineral cubría o 90% do consumo mundial deste produto, indispensabel para a industria da época, en especial a dos explosivos. A minería de xofre tiña un valor estratéxico no comercio mundial, e a esta razón atribuese o constante interese do Reino Unido na explotación do xofre siciliano. O rei Fernando II comezou a incomodar a Gran Bretaña coa denominada cuestión do xofre: Dende 1816 existía entre Londres e Nápoles un tratado de comercio e rápidamente os mercaderes ingleses aproveitáronse para obter case toda a produción de xofre da illa. Compraban barato vendíano a precios altísimos. Entón Fernando II, tratando de aproveitar ao máximo os beneficios debidos ás súas materias primas, concedeulle o comercio do xofre a unha sociedade francesa que pagaba o dobre cós ingleses.[35]

Como consecuencia desta concesión as relacións dos británicos coas Dúas Sicilias empeoraron, chegando ao uso da forza. Palmerston mandou a frota inglesa ao Golfo de Nápoles ameazando con bombardeos e desembarcos. Fernando II ordenou o estado de alarma en fortes costeiros e desplazou as tropas aos posibeis lugares de desembarco. Parecía que a guerra era inminente, pero como Austria negara o seu apoio ao reino meridional, firmouse un tratado: cancelouse o contrato coa sociedade francesa e o Reino das Dúas Sicilias debeu pagar polas perdas dos ingleses, cando o contrato era cós franceses. O que perdeu foi o reino napolitano, ainda que a reacción de Inglaterra ante estes feitos fora dunha suprema indignación[36]

Outra actividade importante era a explotación das salinas para a produción de sal, tanto de uso alimenticio como industrial. As salinas mais grandes atopábanse en Sicilia, nas cales producíanse unhas 110.000 toneladas de sal ao ano.[37] Tamén eran notabeis as salinas pugliesas, as preferidas do rei Fernando II, que fundou varias vilas agrícolas na zona, distribuindo gratuitamente terreos e capitais aos traballadores.[38]

Arte e Cultura[editar | editar a fonte]

Giambattista Vico (1668-1744), abogado, filósofo da historia e protosociólogo napolitano. Notabel polo seu concepto de verdade como resultado do facer (verum ipsum factum). A súa obra principal é la Scienza nuova.

No Século XVIII, baixo o impulso dos reis borbónicos, produciuse un renacemento cultural en Nápoles despois de varios séculos de dominación extranxeira. Nápoles era un dos centros culturais mais importantes de Europa e difusora das ideas da Ilustración, tan só superada por París. Nápoles foi a cuna de grandes personalidades da cultura como Giambattista Vico, un dos pensadores mais importantes da época; e Gaetano Filangieri, importante xurista cuxa obra A Ciencia da Lexislación foi inspiradora do Código Napoleónico e a Constitución estadounidense.[39]

Educación[editar | editar a fonte]

O reino das Dúas Sicilias tiña catro universidades: a de Nápoles, fundada polo emperador Federico II en 1224, a de Mesina a de Catania, e a de Palermo, a mais recente e fundada polo rei Fernando I das Dúas Sicilias. Comparado con outros Estados italianos preunitarios, as Dos Sicilias estaban á vangarda da educación superior. Por exemplo, a primeira universidade en Milán creouse no 1863, xa no Reino de Italia. No 1860, o número de egresados meridionais era maior que o de todo o resto de Italia (16.000 meridionais por 9.000 do resto de Italia). Nas casas editoras napolitanas imprimíanse o 55% dos libros de Italia.[40]

En Nápoles instaurouse a primeira cátedra universitaria de economía política do mundo en 1754. A facultade de xurisprudencia foi a que desenvolveu o primeiro código marítimo e código militar de Italia. Con respecto á xeoloxía, en Nápoles fundouse o Observatorio sismolóxico vesubiano, o primeiro do mundo. Con respecto á astronomía, en Palermo, en 1801, Giuseppe Piazzi descubriu o primeiro planeta anano, o mais pequeno de todos, que se atopa entre Marte e Xúpiter. Denominouno Ceres Ferdinandea, e ata 2006 considerouse un asteroide.

Pero a educación universitaria era só para as clases privilexiadas. Con respecto á educación pública, a educación primaria era pobre. Ainda que o Rei Fernando I creou numerosas escolas gratuítas, o pobo do interior do reino priorizaba o traballo agropecuario dos campesiños sobre a instrucción nas escolas. Cabe aclarar que nas Dúas Sicilias só o 10% dos campesiños estaba alfabetizado.

Arte[editar | editar a fonte]

Interior do Teatro San Carlo. Inaugurado o 4 de novembro de 1737, é o mais antigo teatro de ópera activo do mundo, foi o modelo dos seguintes teatros de Europa.

A Nápoles borbónica era unha das capitais da arte mundial, principalmente da música. En Nápoles, na segunda mitade do século XVIII nacera un novo estilo de ópera, a Opera buffa, que tivo impacto en Italia e en toda Europa. Nápoles contaba co teatro lírico mais antigo do mundo, o Teatro San Carlo, inaugurado en 1737.[41] Este teatro era un dos mais importantes de Italia e foi cuna de grandes compositores meridionais como Alessandro Scarlatti, Giovanni Battista Pergolesi, Saverio Mercadante, Domenico Cimarosa, e Giovanni Paisiello entre outros. Entre os grandes compositores italianos que compuxeron para o teatro atópanse Rossini, Bellini e Donizetti.

Tamén en Nápoles floreceron outras disciplinas como a pintura, plasmada na escola pictórica de Posillippo, e a arquitectura, con formidabeis testemuñas arquitectónicas como os Palacios reais de Nápoles, Caserta e Portici. Importante era tamén a arqueoloxía: no reinado de Carlos III realizáronse excavacións en Pompeia e Herculano cuxas pezas foron expostas no Museo Arqueolóxico.

Saúde[editar | editar a fonte]

O Reino das Dúas Sicilias gozaba dun servicio sanitario mellor que o dos outros Estados de Italia. As Dúas Sicilias tiña a porcentaxe mais alta de médicos por habitantes en Italia. Para 9 millóns de habitantes do reino había 9.390 médicos, mentres que en todo o norte, para 13 millóns de habitantes había só 7.087 médicos.[42]

Este reino tiña a mortalidade infantil mais baixa, mentres que as cifras mais altas rexistrábanse en Lombardía, Piamonte e en Emilia Romagna. No ano 1821, unha lei obligou aos proxenitores a vacinar aos seus fillos contra a varíola. Ata o ano 1859 non se incorporou esta lei no Reino de Piamonte-Cerdeña.

No 1782 realizouse a primeira intervención en Italia de profilaxis contra a tuberculosis. No ano 1847, había 22 hospitais nas Dúas Sicilias. O de San Leucio foi o primeiro gratuito en 1789. Tamén tivo a primeira clínica ortopédica de Italia e o hospital Real Morotrofio de Aversa foi o primeiro de psiquiatría, e o primeiro en Europa en eliminar a utilización de cepos para os enfermos.[43]

Estudo Heráldico do Escudo[editar | editar a fonte]

Estudo heráldico do escudo do reino.

O escudo de Armas do Reino das Dúas Sicilias componse dun escudo central oval formado por 19 partes que representan outras zonas de Europa. Por riba atópase a coroa real borbónica e está rodeado por seis colares que representan as ordes cabalerescas: a Orde de San Gennaro, a de San Jorge, a do Toisón de Ouro, a Orde do Espíritu Santo e a Orde de Carlos III.

Himno[editar | editar a fonte]

O himno nacional das Dúas Sicilias chamábase Inno al Re (Himno ao Rei) e foi composto polo célebre músico tarentino Giovanni Paisiello. O nome Fernando variaba según o rei do momento e a frase Deus o salve ao seu dobre trono dos seus pais fai referencia aos dous antigos reinos de Nápoles e Sicilia

As palabras do himno son as seguintes:

Partitura do Himno das Dúas Sicilias.
Letra
Iddio conservi il Re
per lunga e lunga età
come nel cor ci sta
viva Fernando il Re!
Iddio lo serbi al duplice
trono dei Padri suoi
Iddio lo serbi a noi!
viva Fernando il Re!
Tradución
Deus conserve ao rei
por moito moito tempo
como está nos nosos corazóns
Viva Fernando o Rei!
Deus o salve ao seu dobre
trono dos seus pais
Deus o salve para nos
Viva Fernando o Rei!

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Il portale del sud
  2. Giuseppe Ressa, Il sud e l'unità, 2003, pág 42
  3. Carlo Alianello, La conquista del sud, Rusconi editore
  4. Angela Pellicciari “ L’altro Risorgimento “, Piemme, 2000, pag.188
  5. La Europa remodelada, 1848-1878. ISBN 84-323-0108-6.
  6. Cartas de Cavor a Rattazzi del 9 de abril de 1856, Paris, 1862, p.247; citada por Ò Clery “ La Rivoluzione italiana “, Ares, 2000
  7. carta del embajador piamontés en las Dos Sicilias a Cavour el 30 de enero de 1860 (original en francés) en “Carteggi di C.Cavour”, vol.1, pag 12; citado por Umberto Pontone en “Due Sicilie”, julio de 2003
  8. Giuseppe Ressa, L'unità d'Italia e l'empressa dei mille: dal mito alla realtà, pág 15
  9. Citado por Angela Pellicciari, “L’altro Risorgimento “, Piemme 2000
  10. Rosario Romeo, Il Risorgimento in Sicilia, Laterza, 2001
  11. Guía turística de Murray, pseudónimo del cónsul inglés George Dennis
  12. Alfredo Zazo, La Politica del Regno delle Due Sicilie nel 1859=60”, Miccoli, Napoli, 1940, pag.265
  13. presentación de Giuseppe Ressa, parte 1, pag 19
  14. Giacinto dè Sivo, op. cit. pag.525
  15. George Mundy, La fine delle Due Sicilie e la Marina britannica, Berisio, Napoli, 1966, pag.199
  16. Francesco Saverio Nitti, Scienze delle Finanze, Pierro, 1903, p.292.
  17. El portal del sur, los plebiscitos
  18. El portal del sur, el asedio de Gaeta
  19. Nicola Zitara “La gran cuccagna dei fratelli d’Italia”, periódico Due Sicilie 2\2004
  20. G. Savarese, " Le finanze napoletane e le finanze piemontesi dal 1848 al 1860", Cardamone, 1862, p.28.
  21. Carano - Convito, “ L’economía italiana prima e dopo il Risorgimento”,Vallecchi, Firenze, 1928, pag. 180,
  22. A.Ghirelli, Storia di Napoli, Einaudi, Torino, 1996, pag.273
  23. Lorenzo Del Boca, Indietro Savoia., Piemme, 2003
  24. Real Casa di Borbone delle Due Sicilie - Storia
  25. 25,0 25,1 Real Casa de Borbón de las Dos Sicilias
  26. Giuseppe Ressa, Il sud e l'unitá d'Italia, 2003, pág 153
  27. Un debito storico - Fora
  28. Giuseppe Ressa, Il sud e l'unitá d'Italia, 2003, pág 142
  29. El portal del sur
  30. Nicola Zittara, Il protezionismo borbónico, publicado el 8 de febrero de 2010.
  31. Voce di Megaride - Industrie pesanti
  32. U. Schioppa, le industrie nel Regno delle Due Sicilie, Napoli, 2000
  33. Giuseppe Ressa, Il sud e l'unità, 2003, pág 151
  34. Giuseppe Ressa, Il sud e l'unità, 2003, pág 152
  35. Carlo Alianello, La conquista del sud, Rusconi, 1982
  36. Carlo Alianello, op. cit., p.15-16.
  37. Revista “Il gommone”, Koster publisher, enero-febrero de 2003, pag.107
  38. Giuseppe Ressa, Il sud e l'unità, 2003, pág 150
  39. Cesare Bertoletti, Il Risorgimento visto dall’ altra sponda, Berisio, 1967, pag. 16
  40. Giuseppe Ressa, Il sud e l'unità, 2003, pág 161
  41. teatrosancarlo.it
  42. Giuseppe Ressa, L'unità d'Italia e l'empressa dei mille: dal mito alla realtà, pág 9
  43. Domenico Capecelatro Gaudioso, Retroscena e responsabilità nell’attentato a Ferdinando II di Borbone, Del Delfino,1975

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • ACTON, H. (1999). Gli ultimi borboni di Napoli. Editorial Giunti. ISBN 88-09-21256-8
  • Alianello Carlo, La conquista del sud, Rusconi, 1982, ISBN 88-18-01157-X
  • Bertoletti Cesare, Il Risorgimento visto dall’altra sponda, Berisio, 1967
  • Coniglio Giuseppe, I Borboni di Napoli, Corbaccio, 1999, ISBN 88-7972-371-5
  • Costa Cardol, Mario, Venga a Napoli, signor conte, Mursia, 1996, ISBN 88-425-2093-4
  • Curato Federico, Il Regno delle Due Sicilie nella politica estera europea, Società siciliana per la storia patria, 1995, ISBN 88-7401-047-8
  • De Cesare Raffaele , La fine di un regno, Newton Compton, 1975, ISBN 88-88338-69-1
  • Del Boca Lorenzo, Indietro Savoia, Piemme, 2003, ISBN 88-384-8269-1
  • Meriggi Marco, Gli stati italiani prima dell’unità, Il Mulino, 2002, ISBN 88-15-08466-5
  • Pellicciari Angela, L’altro Risorgimento, Piemme, 2000 ISBN 88-384-4970-8
  • Ressa Giuseppe, Il sud e l'unitá, 2003
  • Topa Michele, Così finirono i Borbone di Napoli, Fratelli Fiorentino, 1990

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]