Palacio do Quirinale
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Palacio do Quirinale é a residencia oficial do Presidente da República Italiana e é un dos símbolos do Estado italiano. Ten máis de 1.200 habitacións. Atópase no alto do outeiro homónimo que se localiza en Roma.