3 de febreiro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Xan - Febreiro - Mar | ||||||
| Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | ||||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 3 de febreiro é o 34º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 331 días para finalizar o ano, 332 nos anos bisestos.
2 de febreiro < 3 de febreiro < 4 de febreiro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1494: Imprímese no castelo de Monterrei o Missale Auriense, primeiro libro editado en Galiza con tipos móbiles.
- 1522: A cidade de Toledo réndese ás tropas de Carlos I durante a Guerra das Comunidades.
- 1536: Pedro de Mendoza funda Bos Aires por vez primeira.
- 1651: O Parlamento de París esixe a destitución do cardeal Mazzarino como primeiro ministro.
- 1783: España recoñece a independencia de Estados Unidos.
- 1923: Rusia: Kamchatka foi golpeada por un tremor de magnitude 8,5. Descoñécese se houbo mortes.
- 1966: A sonda soviética Lúa 9 é a primeira en pousarse sobre a superficie da lúa e emitir fotografías desde o Mar das Tormentas.
- 1969: Yasser Arafat é nomeado líder da Organización de Liberacion de Palestina (OLP).
[editar] Nacementos
- 1807: Pérez Villaamil, pintor nado en Ferrol.
- 1809: Felix Mendelssohn, compositor clásico alemán.
- 1826: Walter Bagehot, foi un home de negocios, ensaísta e xornalista, que escribiu extensamente sobre literatura, política, economía e outros moitos asuntos.
- 1878: Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego.
- 1887: Georg Trakl, poeta austríaco.
- 1909: Simone Weil, filósofa francesa.
- 1943: Xosé Luís de Dios, pintor galego.
- 1950: María Jiménez, cantante andaluza.
- 1956: Lee Ranaldo, rockeiro estadounidense.
[editar] Mortes
- 1937: Daniel Vázquez-Gulías Martínez, arquitecto modernista galego (n. 1869).
- 1959: Buddy Holly, Ritchie Valens e The Big Bopper, cantantes de rock (accidente de avión)
- 2011: Maria Schneider, actriz francesa (n. 1952)
[editar] Festas e celebracións
[editar] Outros
- Santoral: San Brais, Santo Oscar, Santo Laurentino, Santo Ignacio, San Celerino, San Fiz.
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro
