Tiberio
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Tiberio Claudio Nerón (en Latín: Tiberius Claudius Nero), nado en Roma o 16 de novembro do 42 a. C. e finado o 16 de marzo do 37 d. C. na súa vila de Lúculo, foi un emperador romano da Dinastía Xulio-Claudia.
Era fillo de Livia Drusila e fillo adoptivo de Octavio Augusto. Sucedeu ó seu pai adoptivo e gobernou o Imperio Romano do 14 d. C. ó 37 d. C., co nome de Tiberio Xulio César Augusto. Foi militar de carreira, destacando as súas campañas contra os panonios e os dálmatas. Tamén foi importante a súa expedición punitiva contra os xermanos que derrotaran ás lexións de Quintilio Varo na fraga de Teotoburgo. Pertencente a gens Claudia por parte de nai, emparentou ca gens Iulia ao divorciarse súa nai de Tiberio Claudio Nerón e contraer matrimonio con Octavio Augusto. Esta unión fortaleceuse co matrimonio do propio Tiberio ca filla do Emperador, Xulia A Maior, quedando patente cando foi adoptado formalmente por Octavio, outorgándoselle poderes tribunicios.
Como Tribuno reorganizou o exército, modificando as leis marciais, creando novas lexións e aumentando os anos de servizo de todo cidadán romano a 20.
Co paso do tempo Octavio Augusto enemistouse con Tiberio, chegando a exilialo na Illa de Rodas, de onde volveu e foi nomeado sucesor imperial trala morte de dous dos netos de Octavio, Cayo César e Lucio Xulio César e o desterro por traizón do terceiro neto, Póstumo César, e ante a falta de herdeiro.
Tiberio Claudio Neron sucedeu co nome de Tiberio Julio César Augusto a Octavio Augusto no trono imperial o 19 de agosto do ano 767 dende a fundación de Roma, o ano 14 segundo o calendario cristián.
Trala morte do seu fillo Xulio César Druso no ano 23 adoptou ao seu neto Calígula como sucesor e o seu goberno comezou a derivar, rematando en terror. O 26 d. C. autoexiliase deixando a administración nas mans dos prefectos pretorianos Lucio Elio Sejano e Quinto Nevio Cordo Sutorio Macro.
| Imperio Romano | ||
|---|---|---|
Segue a: Octavio Augusto |
Tiberio | Precede a: Calígula |
| Dinastía Xulio-Claudia | ||