Tratado de Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Europea
EU Insignia.svg

Este artigo forma parte da serie:
Política e goberno
da Unión Europea


Tratados
Roma · Maastricht · Acta Única Europea
Ámsterdam · Niza · Lisboa
Institucións
Comisión

Jean-Claude Juncker


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Unión Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Banco Central Europeo · Consello Europeo

Outros
Membros · Alongamento · Lei · Euro
Relacións internacionais · Corpos · Axencias

Os Tratados de Roma é o nome dado aos Tratados da Comunidade Económica Europea (CEE) e da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (Euratom) que se firmaron o 25 de marzo de 1957 en Roma. Foi asinado por Alemaña, Francia, Italia e os tres países do Benelux.

Ámbolos dous tratados supoñen un paso cara adiante na integración europea. O Tratado da CEE ten coma obxectivos a creación dun mercado común fundamentalmente, na procura, polo tanto, dunha integración de carácter económico. O Euratom fundaméntase no desenvolvemento do sector da enerxía nuclear que sería moi pesado nas economías nacionais por si mesmas.

Aínda tendo natureza sectorial, pois adícanse principalmente a aspectos do ámbito económico, o Tratado da CEE, que é o principal, ten, ademais, un carácter de Lei xeral, podendo acudirse ó mesmo para encher os baleiros presentes nos outros dous Tratados existentes ata entón (Tratados da CECA, e da EURATOM)

As institucións creadas no Tratado da CEE continuarán ata hoxe en día con modificacións:

- A Comisión: Conta con poderes normativos, de carácter executivo e de aplicación do dereito comunitario e con facultade de proposta ó Consello.

- O Consello: Integrado por representantes dos Estados membros e con capacidade de decisión por unanimidade, por maioría cualificada ou incluso por maioría simple. E o órgano que concentra o poder decisorio, sendo o eixo do sistema.

- A Asemblea: ten fundamentalmente competencias de carácter consultivo e de control. O que nun futuro será o Parlamento Europeo, ten, neste momento, un papel moi limitado. Os seus membros son elixidos polos parlamentos nacionais, ata 1979, en que terán lugar as primeiras eleccións por sufraxio universal directo.

- O Tribunal de Xustiza. Garante o respecto ó dereito comunitario.

Tamén se crean organismos coma o Comité económico e Social. A CEE comparte Asemblea e Tribunal de Xustiza coa CECA e a CEEA (ou EURATOM) dende 1958, se ben teñen regras e pautas diferenciadas. A partir do Tratado de Bruselas de 1965 teñen un único Consello e unha única Comisión das Comunidades Europeas.

O tratado estableceu, entre outras cousas:

Unión aduaneira: a CEE foi coñecida popularmente como o "Mercado común". Acordouse un período transitorio de 12 anos, no que deberían desaparecer totalmente as barreiras arancelarias entre os Estados membros.

Política Agrícola Común (PAC): esta medida estableceu a libre circulación dos produtos agrícolas dentro da CEE, así como a adopción de políticas proteccionistas, que permitiron aos agricultores europeos evitar a competencia de produtos procedentes de terceiros países. Iso conseguiuse mediante a subvención aos prezos agrícolas. Dende entón a PAC concentrou boa parte do presuposto comunitario.

O Tratado da Unión Europea de 1993 trasformou a CEE na Comunidade Europea.

En 2004 asínase un novo tratado de Roma coñecido como o Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa, que debe ser ratificado antes do final de novembro de 2006.